28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

gl espadín

es espadín

en sprat

en brisling

NC Sprattus sprattus

trapo de cociña loc.s.m. Véxase: pano de cociña

trazarv.p. Véxase: cortar 3

treixadura 1 s.f. Uva branca autóctona de Galicia,

de tamaño mediano, forma elíptica,

pel grosa de cor verde amarelada e sabor

moi doce, utilizada especialmente para a

elaboración dos viños das denominacións

de orixe Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira

Sacra e Monterrei.

es treixadura

en treixadura

treixadura 2 s.m. Viño branco elaborado coa

uva do mesmo nome.

es treixadura

en treixadura

trepia s.f. Aro ou triángulo de ferro, provisto

de tres pés e con frecuencia dunha asa,

sobre o que se coloca unha ola, tixola ou

outro recipiente para poñelos ao lume.

gl trespés

es trébedes

en trivet

trespés s.m. Véxase: trepia

tridente s.m. Garfo de gran tamaño, provisto

de tres pugas, que se emprega principalmente

para darlles a volta aos asados.

es tridente

en meat fork

trigo s.m. Gran da planta do mesmo nome, do

xénero Triticum, de forma alongada e cor

amarelada, que se emprega principalmente

para a obtención de fariña coa que se elabora

o pan e as pastas alimenticias.

es trigo

en wheat

trigo brando loc.s.m. Gran da planta do

mesmo nome (Triticum aestivum subsp.

aestivum), de forma oval, consistencia

branda e alto contido en amidón, que se

emprega principalmente para a obtención

de fariñas panificables.

gl trigo candeal

es trigo blando

es trigo candeal

en bread wheat

238

trigo candeal loc.s.m. Véxase: trigo brando

trigo duro loc.s.m. Gran da planta do mesmo

nome (Triticum turgidum subsp. durum),

de forma elíptica, consistencia dura e alto

contido en glute, que se emprega principalmente

para a elaboración de pastas alimenticias.

es trigo duro

es trigo durillo

en durum

en durum wheat

trigo mouro loc.s.m. Semente da planta do

mesmo nome (Fagopyrum esculentum), de

forma triangular e cor escura, que se emprega

principalmente para a obtención de

fariña.

Nota: Adoita considerarse un cereal, a

pesar de que a planta non pertence á familia

das gramíneas.

gl trigo sarraceno

es trigo sarraceno

es alforfón

en buckwheat

trigo sarraceno loc.s.m. Véxase: trigo

mouro

trinchante s.m. Coitelo de gran tamaño, provisto

dunha folla longa e estreita, que se

emprega para trinchar a carne.

gl coitelo de trinchar

es cuchillo de trinchar

en carving knife

trinchar v.t. Dividir en racións un alimento

xa cociñado para servilo na mesa, especialmente

unha ave ou unha peza de carne

de gran tamaño.

es trinchar

en carve

tripa s.f. Conduto do aparato dixestivo dos

animais de abasto que se estende desde o

estómago ata o ano, e que adoita empregarse

na elaboración de embutidos.

gl intestino

es tripa

es intestino

en intestine

tripa cagadeira loc.s.f. Véxase: tripa cagueira

tripa cagueira loc.s.f. Porción final do intestino

groso do porco, que se utiliza na

elaboración de certos embutidos.

gl tripa cagadeira

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!