28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en Worcester sauce

salsear v.t. Engadirlle unha salsa a unha preparación,

especialmente no momento de

servila.

es salsear

en sauce

salseira s.f. Recipiente que se emprega para

servir os prebes na mesa.

es salsera

en sauce boat

salseiro, salseira s. Persoa que, nunha cociña,

se encarga principalmente da preparación

das salsas.

es salsero, salsera

en sauce cook

en saucier

salteado s.m. Conxunto de anacos de carne,

peixe ou verduras que se frixen lixeiramente

con pouca graxa e a lume forte nun

recipiente destapado.

es salteado

en sauté

en saute

saltear v.t. Frixir lixeiramente un alimento

con pouca graxa e a lume forte nun recipiente

destapado.

es saltear

en sauté

en saute

saltón s.m. Molusco bivalvo similar ao berberecho,

pero de maior tamaño, coas cunchas

sólidas, de cor amarelada e contorno

ovalado, con preto de 45 costelas pouco saíntes

e apenas nítidas.

es berberecho dentado

es berberecho de Noruega

en Norway cockle

NC Laevicardium crassum

salvia s.f. Planta arbustiva de follas oblongas

de cor agrisada, moi aromáticas, flores violáceas

en espiga e froito globoso de cor

castaña, da que se utilizan as follas como

condimento ou en infusión.

gl xarxa

gl sarxa

es salvia

en sage

NC Salvia officinalis

sandía s.f. Froito en pepónide da planta do

mesmo nome (Citrullus lanatus), de gran

tamaño e forma case esférica, xeralmente

222

coa pel de cor verde escura e a polpa encarnada,

moi zumarenta, con pebidas negras

e de sabor doce.

es sandía

en watermelon

sándwich s.m. Bocadillo que se fai con dúas

rebandas de pan de molde reenchidas de diversos

ingredientes, e que adoita servirse

quente.

gl emparedado

es sándwich

es emparedado

en sandwich

sandwicheira s.f. Aparato formado por dúas

placas articuladas, cun peche hermético,

que se emprega para torrar os sándwichs.

es sandwichera

en sandwich toaster

sangrar v.t. Véxase: desangrar

sangría s.f. Bebida que se obtén da mestura

de viño, normalmente tinto, azucre e froitas.

es sangría

en sangria

sangue s.m. Líquido vermello que circula

polas veas e arterias do organismo dos animais

de abasto, e que se emprega, en especial

o do porco, na elaboración de embutidos

ou filloas.

es sangre

en blood

sanmartiño s.m. Peixe semigraxo de corpo

alto e comprimido lateralmente, de cor

agrisada ou apardazada, con reflexos dourados

e unha mancha negra rodeada de

amarelo nos flancos, aleta dorsal con raios

espiñentos e longos na parte anterior e cabeza

grande, cuberta de cristas óseas, coa

boca ampla.

es pez de San Pedro

en John Dory

NC Zeus faber

santiaguiño s.m. Crustáceo decápodo de

corpo curto e groso, co cacho de cor parda

con espiñas dispostas en forma de cruz,

patas curtas rematadas nunha uña aguzada

e antenas externas anchas e planas, cos

bordos dentados.

es santiaguiño

en broad lobster

en lesser slipper lobster

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!