28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cabaciña s.f. Froito en pepónide da planta do

mesmo nome (Cucurbita pepo), de forma

alongada, coa pel lisa de cor verde, en ocasións

con bandas máis claras, e a carne

branca, que se consome inmaturo.

es calabacín

en courgette [GB]

en zucchini [US]

cabala s.f. Véxase: xarda

cabalo s.m. Carne magra que se obtén do mamífero

do mesmo nome (Equus caballus).

es caballo

en horsemeat

cabaza s.f. Froito en pepónide da cabaceira,

do xénero Cucurbita, xeralmente de gran

tamaño, forma arredondada e cor variable,

con sementes comestibles ovaladas e

abrancazadas.

gl cabazo

es calabaza

en pumpkin

cabaza confeiteira loc.s.f. Cabaza de gran

tamaño e forma elipsoidal utilizada princi -

palmente para a elaboración do cabelo de

anxo.

es calabaza confitera

es calabaza totanera

en winter squash

cabazo s.m. Véxase: cabaza

cabelo de anxo loc.s.m. Doce de aspecto filamentoso,

que se elabora coa polpa dalgunhas

variedades de cabaza cocida nun almibre.

es cabello de ángel

en pumpkin strands in syrup

cabernet franc loc.s.m. Uva tinta orixinaria

de Francia, de pequeno tamaño, forma esférica

e pel fina de cor negra azulada, de

cultivo moi estendido e utilizada especial -

mente na rexión de Bordeos e Languedoc.

c

es cabernet franc

en cabernet franc

cabernet sauvignon loc.s.m. Uva tinta orixinaria

de Francia, de pequeno tamaño,

forma esférica, pel dura de cor negra azulada

e sabor acedo, de cultivo moi estendido

e utilizada especialmente na rexión de

Bordeos e no val do Loira.

es cabernet sauvignon

en cabernet sauvignon

cabeza de allo loc.s.f. Véxase: allo 1

cabeza de contra loc.s.f. Peza de vacún que

se obtén da parte superior da coxa, xunto á

croca, de forma triangular, tenra e zuma -

renta, considerada de primeira categoría.

Nota: Esta peza adoita comercializarse sen

separarse da folla dura.

es tapilla

es tapilla de cadera

en cap of rump

cabezón s.m. Molusco cefalópodo similar ao

polbo, pero de menor tamaño, coa cabeza

máis grande en proporción ao corpo, de cor

abrancazada, e raxos máis longos e del gados,

afiados nos extremos e cunha única

fila de ventosas.

es pulpo blanco

en horned octopus

NC Eledone cirrhosa

cabra 1 s.f. Carne que se obtén do mamífero do

mesmo nome, do xénero Capra (especial -

mente Capra hircus).

es cabra

en goat

cabra 2 s.f. Peixe branco de corpo alongado e

comprimido lateralmente, co dorso de cor

avermellada, ventre e flancos máis claros

e con varias bandas transversais, unha soa

aleta dorsal, opérculo con tres espiñas e

boca grande, coa mandíbula inferior máis

prominente que a superior.

59

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!