28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

efinar v.t. Quitarlle as impurezas a un produto

a través dun proceso industrial, co obxectivo

de mellorar o seu aspecto ou a súa

calidade.

es refinar

en refine

refogar v.t. Frixir lixeiramente un alimento

con pouca graxa e a lume baixo, especialmente

antes de engadirlle a auga ou o caldo

co que terminará de cociñarse.

es rehogar

es estovar

en fry gently

refornar v.t. Recocer o pan no forno para que

seque e se conserve mellor.

es bizcochar

en bake twice

refrescar v.t. Poñer en auga fría un alimento

que acaba de cocerse, en especial unha verdura

ou pasta, para arrefrialo rapidamente.

es refrescar

en refresh

refresco s.m. Bebida sen alcohol, carbonatada

ou non, que se elabora con auga, zumes de

froitas, extractos vexetais, azucres ou outros

ingredientes alimenticios.

gl bebida refrescante

es refresco

es bebida refrescante

en soft drink

en soda [US]

refrito s.m. Véxase: rustrido

refrixeración s.f. Proceso que consiste en

arrefriar un alimento durante un período de

tempo variable a unha temperatura superior

á do seu punto de conxelación, co fin

de inhibir a actividade microbiana e prolongar

a súa conservación.

es refrigeración

en refrigeration

refrixerador s.m. Véxase: frigorífico

refrixerar v.t. Arrefriar un alimento durante

un período de tempo variable a unha temperatura

superior á do seu punto de conxelación,

co fin de inhibir a actividade microbiana

e prolongar a súa conservación.

es refrigerar

en refrigerate

refrixerio s.m. Véxase: refección

210

regalicia 1 s.f. Planta herbácea de talo leñoso,

follas elípticas, flores pequenas e azuladas

agrupadas en acios e rizomas longos e cilíndricos,

de cor parda e sabor doce, estes

últimos utilizados como condimento ou en

infusión.

es regaliz

es regalicia

es ororuz

en liquorice [GB]

en licorice [US]

NC Glycyrrhiza glabra

regalicia 2 s.f. Lambetada que se elabora a partir

dunha pasta obtida do zume da raíz da

planta do mesmo nome.

es regaliz

es regalicia

en liquorice [GB]

en licorice [US]

regar v.t. Esparexer un líquido, como viño ou

zume de cocción, sobre un alimento ou

preparación mentres se cociña para aromatizalo

ou darlle sabor.

es regar

es rociar

en baste

regulador de acidez loc.s.m. Véxase: corrector

de acidez

rehidratación s.f. Proceso que consiste en

devolverlle a un alimento a auga que perdeu

nun proceso previo de deshidratación.

es rehidratación

en rehydration

rehidratar v.t. Devolverlle a un alimento a

auga que perdeu nun proceso previo de

deshidratación.

es rehidratar

en rehydrate

rei s.m. Peixe branco similar á maragota, pero

máis longo e de cor alaranxada con tres

pintas negras, no caso das femias e exemplares

máis novos, e parda verdosa con

manchas lineais azuladas nos machos.

gl budión rei

es gallano

es tordo de dos colores

en black acara

en cuckoo wrasse

NC Cichlasoma bimaculatum

reineta s.f. Mazá de forma redonda e un

pouco achatada, coa pel fina de cor dou-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!