28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

es tirabeque

en mangetout [GB]

en snow pea [US]

tiramisú s.m. Doce de orixe italiana, elaborado

con biscoitos empapados en café e

licor, cubertos cunha crema elaborada con

mascarpone, claras de ovo a punto de neve

e azucre, e decorado con chocolate en po.

es tiramisú

en tiramisu

tirar a rolla loc.v. Véxase: sacar a rolla

tisana s.f. Bebida medicinal que se elabora

por infusión ou cocción de substancias vexetais

ou outros ingredientes.

es tisana

en tisane

tixelada s.f. Véxase: tixolada

tixola s.f. Recipiente de forma circular, máis

ancho ca fondo e provisto dun mango, que

se emprega principalmente para frixir.

gl panela

gl frixideira

gl fritideira

gl sartaña

es sartén

en frying pan

tixola basculante loc.s.f. Aparato de gran tamaño

dotado dunha fonte de calor, formado

por unha cuba basculante e unha tapadeira,

que se emprega principalmente

para frixir ou estufar certos alimentos.

es sartén basculante

en tilting pan

en bratt pan

tixola de saltear loc.s.f. Tixola que se emprega

para saltear carnes, peixes ou verduras.

es sartén para saltear

en sauté pan

tixolada s.f. Cantidade de alimentos cociñados

na tixola dunha soa vez.

gl tixelada

gl fritada

es sartenada

en pan

en panful

tofe s.m. Caramelo mastigable elaborado con

azucre e manteiga, ao que se lle pode engadir

améndoas, chocolate ou outros ingredientes.

es toffee

234

es tofe

en toffee

tofu s.m. Produto orixinario de Asia oriental,

de sabor suave, que se obtén da fermentación

das sementes da soia.

es tofu

en tofu

en bean curd

tollo s.m. Véxase: cazón

tomar v.t. Comer ou beber algo.

es tomar

en have

tomás s.m. Peixe azul de corpo alongado e fusiforme,

con escamas grandes, de cor negra

violácea, con dúas aletas dorsais e unha espiña

entre ambas e os ollos moi grandes

coa pupila verdosa.

es tomás

es bocanegra

en black cardinal fish

NC Epigonus telescopus

tomate s.m. Froito en baga da tomateira (Solanum

lycopersicum), que varía de cor,

forma e tamaño segundo as variedades,

aínda que adoita ser arredondado, achatado

pola parte superior, coa pel e a polpa vermellas

e con moitas sementes pequenas no

interior.

es tomate

en tomato

tomate cereixa loc.s.m. Tomate da planta

Solanum lycopersicum var. cerasiforme, similar

a unha cereixa, de pequeno tamaño e

redondo, coa pel fina de cor vermella intensa

e a polpa avermellada, de sabor doce.

es tomate cherry

es tomate cereza

en cherry tomato

tomate de árbore loc.s.m. Froito en baga da

planta Solanum betaceum, de forma ovalada,

coa pel lisa e brillante de cor vermella,

alaranxada ou amarela segundo as variedades

e a polpa xelatinosa de cor laranxa

escura, con numerosas pebidas e de sabor

agridoce.

es tamarillo

es tomate de árbol

en tamarillo

en tree tomato

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!