28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

carne 2 s.f. Parte muscular comestible de calquera

mamífero e ave, en oposición á do

peixe.

es carne

en meat

carne 3 s.f. Véxase: polpa

carne branca loc.s.f. Carne de cor abrancazada

cando está crúa, como a de polo, a de

pavo ou a de coello.

es carne blanca

en white meat

carne conxelada loc.s.f. Carne do animal sacrificado

que se expón á acción do frío industrial

ata conseguir unha temperatura inferior

a -18 °C no centro da masa muscular.

es carne congelada

en frozen meat

carne fresca loc.s.f. Carne do animal sacrificado

que só se someteu ás manipulacións

da preparación da canal e aireación e se

mantivo a unha temperatura comprendida

entre 1 °C e 7 °C.

es carne fresca

en fresh meat

carne picada loc.s.f. Carne, xeralmente de

tenreira ou de porco, sometida a unha operación

de trituración.

es carne picada

en minced meat

en mincemeat

en mince [GB]

carne vermella loc.s.f. Carne de cor avermellada

cando está crúa, como a de boi, a

de touro ou a de cabalo.

es carne roja

en red meat

carneiro 1 s.m. Carne que se obtén do macho

da ovella sacrificado cunha idade superior

ao ano.

es carnero

en mutton

en ram meat

carneiro 2 s.m. Molusco bivalvo similar ao

berberecho, coas cunchas sólidas e grosas,

de contorno circular e cor apardazada ou

amarelada, con numerosas liñas concéntricas

prominentes provistas de espiñas e rugosidades

e dous sifóns curtos e desiguais.

es escupiña grabada

en warty venus

NC Venus verrucosa

68

carneirolo s.m. Véxase: berberecho

carniceiro, carniceira s. Persoa que vende

carne e derivados desta.

gl cortador, cortadora

es carnicero, carnicera

es cortador, cortadora

en butcher

carnicería s.f. Véxase: carnizaría

carnizaría s.f. Establecemento onde se vende

carne e derivados desta, como salchichas

ou longaínzas.

gl carnicería

gl cortadoría

es carnicería

en butcher’s [GB]

en butcher’s shop [GB]

en butcher shop [US]

carocho s.m. Anaco de pan xeralmente cortado

en forma de dado e frixido ou torrado,

co que se gornecen determinadas preparacións,

como sopas, purés ou consomés.

es costrón

es tostón

es picatoste

en crouton

carozo s.m. Parte central dalgunhas froitas

que non teñen carabuña, como a mazá ou a

pera.

gl corazón

es corazón

en core

carpa s.f. Peixe de auga doce co corpo arqueado

e comprimido lateralmente, con escamas

grandes, dorso de cor verdosa con reflexos

amarelados, flancos e ventre máis

claros, aleta dorsal longa e labios grosos,

con dous pares de barbas, un máis curto

que o outro.

es carpa

en carp

NC Cyprinus carpio carpio

carpaccio s.m. Prato frío composto principal -

mente de liscas de carne crúa, cortadas moi

finas e que adoitan condimentarse con

limón e aceite de oliva.

es carpaccio

en carpaccio

carraghenano s.m. Véxase: carraghenina

carraghenina s.f. Substancia mucilaxinosa

presente en certas algas rodófitas dos xéneros

Chondrus, Eucheuma ou Gigartina,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!