28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

NC Spisula solida

ameixa claudia loc.s.f. Véxase: claudia

ameixa fina loc.s.f. Ameixa coas cunchas

finas de cor amarelada ou acastañada, con

liñas concéntricas e radiais ben marcadas

que debuxan unha cuadrícula e carne agri -

sada cos sifóns longos e separados en toda

a súa lonxitude.

es almeja fina

en grooved carpet shell

NC Ruditapes decussatus

ameixa macho loc.s.f. Véxase: ameixón

ameixa mirabel loc.s.f. Véxase: mirabel

ameixa pasa loc.s.f. Ameixa desecada.

es ciruela pasa

en prune

ameixa rubia loc.s.f. Ameixa coas cunchas

lisas e brillantes, de cor acastañada ou arrubiada,

con liñas concéntricas máis claras e

carne máis dura que a doutras ameixas.

es almeja rubia

es almeja roja

en banded carpet shell

NC Tapes rhomboides

ameixa xaponesa loc.s.f. Ameixa similar á

fina, pero coas cunchas decoradas con

manchas escuras irregulares e liñas radiais

máis marcadas e sifóns unidos ata a metade.

es almeja japonesa

en Manila clam

en Japanese carpet shell

NC Ruditapes philippinarum

ameixón s.m. Ameixa de gran tamaño, coas

cunchas sólidas e lisas, de contorno ova -

lado e cor parda avermellada, con liñas

concéntricas finas, bandas radiais máis escuras

e sifóns carnosos e unidos ata a metade.

gl ameixa macho

es almejón

en smooth clam

en smooth callista

NC Callista chione

améndoa s.f. Froito en drupa da amendoeira

(Prunus dulcis), de forma oval e cor verdosa,

que garda no interior da carabuña

unha semente comestible, de sabor doce ou

amargo segundo as variedades, que se comercializa

con ou sen casca, crúa ou torrada

e salgada ou confeitada.

32

es almendra

en almond

améndoa amarga loc.s.f. Améndoa da

planta Prunus dulcis var. amara, coa semente

de sabor amargo, que contén subs -

tancias tóxicas que deben ser eliminadas

antes do seu uso en alimentación.

es almendra amarga

en bitter almond

améndoa confeitada loc.s.f. Confeito que

se obtén ao recubrir unha améndoa enteira

cunha capa continua de azucres.

es peladilla

en sugared almond

améndoa doce loc.s.f. Améndoa da planta

Prunus dulcis var. dulcis, coa semente de

sabor doce, moi utilizada en alimentación.

es almendra dulce

en sweet almond

améndoa molar loc.s.f. Améndoa da planta

Prunus dulcis var. fragilis, coa carabuña

que rompe con facilidade e a semente de

sabor doce.

es almendra mollar

en soft-shelled almond

amendoado s.m. Doce elaborado cunha masa

de améndoas, fariña e mel ou azucre cocida

no forno.

es almendrado

en macaroon

amendoar v.t. Engadirlle améndoas a unha

preparación.

es almendrar

en add almonds

amidón s.m. Polisacárido formado por cadeas

de amilosa e amilopectina, que se obtén

principalmente dos froitos e sementes dos

cereais, ou das raíces e tubérculos dalgúns

vexetais, e que se emprega na alimentación

ou con fins industriais.

es almidón

en starch

aminoácido s.m. Substancia orgánica for -

mada principalmente por un grupo amino e

outro carboxilo, que constitúe a unidade

estrutural das proteínas.

Nota: Os aminoácidos poden ser esenciais,

cando non poden ser sintetizados polo organismo,

ou non esenciais, cando pode

producilos o organismo a partir dos an teriores.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!