28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

gl lavacán

es lechuga de mar

en sea lettuce

vexetalismo s.m. Sistema de alimentación no

que se exclúen todos os produtos procedentes

de animais, vivos ou mortos, e mais

os seus derivados.

Nota: A utilización do termo “veganismo”

para este concepto considérase incorrecta

porque non constitúe un sistema de alimentación,

senón unha filosofía de vida

onde, ademais de non comer animais nin

os seus derivados, se evita o seu uso en

todo tipo de produtos, como na vestimenta

ou os cosméticos.

es vegetalismo

en veganism

vexetalista s.m./f. Persoa que exclúe da súa

alimentación todos os produtos procedentes

de animais, vivos ou mortos, e mais os

seus derivados.

Nota: Na actualidade utilízase con bastante

frecuencia o termo “vegano” asociado a

este concepto, mais trátase dun uso errado,

pois fai referencia á persoa que segue unha

filosofía de vida onde, ademais de non

comer animais, vivos ou mortos, e os seus

derivados, evita o seu uso na vestimenta,

cosmética e lecer.

es vegetalista

en vegan

vexetarianismo s.m. Sistema de alimentación

baseado exclusivamente no consumo

de produtos de orixe vexetal ou, nalgúns

casos, tamén nos procedentes de animais

vivos, como ovos, leite ou mel e os seus

derivados.

es vegetarianismo

en vegetarianism

vexetariano, vexetariana s. Persoa que se

alimenta exclusivamente de produtos vexetais

ou procedentes de animais vivos

como ovos ou leite.

es vegetariano, vegetariana

en vegetarian

vianda s.f. Calquera alimento para o consumo

humano.

es vianda

en viand

vichyssoise s.f. Crema que se elabora principalmente

con porros, cebola, patacas e leite

ou nata, e que se serve fría.

es vichyssoise

en vichyssoise

vieira s.f. Molusco bivalvo coas cunchas sólidas

e grosas, de contorno circular, unha

plana e de cor parda avermellada e a outra

cóncava e máis clara, con preto de 15 costelas

radiais, liñas de crecemento claras,

dúas orellas simétricas e carne abrancazada,

coas gónadas laranxas.

es vieira

en great scallop

NC Pecten maximus

vieiriña s.f. Molusco bivalvo similar á vieira,

pero de menor tamaño, coas cunchas cóncavas,

co contorno circular e de cor variable,

con preto de 20 costelas provistas de

rugosidades e orellas asimétricas.

gl voadora

es volandeira

en queen scallop

NC Aequipecten opercularis

vinagre s.m. Líquido que se obtén da fermentación

alcohólica e acética de produtos

de orixe agraria que conteñen azucres ou

substancias amiláceas, e que se emprega

para condimentar algunhas preparacións

ou conservar certos alimentos.

Nota: Para os efectos da comercialización,

se non se indica o produto do que se obtén,

debe entenderse que é de viño.

es vinagre

en vinegar

vinagre balsámico loc.s.m. Vinagre orixinario

das provincias italianas de Módena e

Reggio Emilia, que se obtén do mosto de

uva branca cocido e envellecido, de cor escura

e sabor lixeiramente doce.

es vinagre balsámico

en balsamic vinegar

vinagre de froitas loc.s.m. Vinagre que se

obtén da fermentación alcohólica e acética

de froitas.

es vinagre de frutas

en fruit vinegar

vinagre de sidra loc.s.m. Vinagre que se

obtén da fermentación da sidra.

es vinagre de sidra

en cider vinegar

vinagre de viño loc.s.m. Vinagre que se

obtén da fermentación acética do viño.

es vinagre de vino

245

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!