28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Tratamento do xénero

As entradas con variación de xénero, como certos adxectivos ou substantivos referidos ás persoas

ou aos oficios que desempeñan, mostran esta flexión na propia entrada.

Para facilitar as buscas no documento, as equivalencias femininas inclúense a continuación dos

seus correspondentes masculinos, nas súas formas plenas e precedidas dunha coma, como no

exemplo “xefe de comedor, xefa de comedor”. Desta forma, elimínanse posibles vacilacións na

aplicación dos sufixos correspondentes, ademais de evitar que os desdobramentos dificulten a

busca do termo.

Nas definicións preferiuse utilizar substantivos masculinos como xenéricos, a pesar de obviar

dalgunha forma certas recomendacións de uso da linguaxe non sexista, co fin de evitar desdobramentos

que interrompan a lectura ou recarguen o contido conceptual das oracións.

Tratamento do número

Os substantivos e adxectivos recóllense na súa forma singular, agás naqueles casos de plurais

lexicalizados ou nos que o plural exprese mellor o significado recollido ou reflicta un uso maioritario.

Así, por exemplo, mentres que un dicionario lexicográfico de lingua xeral recolle como

lemas “miúdo” ou “pinza” cunha indicación de que estas palabras se usan sempre ou con frecuencia

en plural nestas acepcións, neste dicionario inclúense directamente en plural (“miúdos”,

“pinzas”) por adecuarse mellor ao concepto definido.

Definicións

Cada lema vai seguido dunha definición breve e precisa que explica o seu significado no ámbito

gastronómico, e que permite diferenciar as distintas acepcións das entradas, que se mostran

en rexistros distintos e van numerados para facilitar as relacións de equivalencia e sinonimia dos

termos.

A maioría das definicións son de elaboración propia, aínda que están baseadas nas recollidas

nas fontes terminolóxicas e especializadas consultadas. Nalgúns casos, proceden das fixadas na

normativa alimentaria española ou comunitaria, por considerar que debiamos reproducir con fidelidade

as características dos produtos. Cómpre aclarar neste punto que as definicións dos termos

non teñen carácter vinculante, polo que ante calquera dúbida sobre o seu alcance debería

consultarse a lexislación vixente. Noutros casos, foi preciso consultar con especialistas que explicasen

ou aclarasen diversos aspectos dos conceptos.

Notas

Nalgúns termos inclúense notas que achegan información adicional sobre o concepto ou as

súas denominacións nas distintas linguas, de forma que poidan aclarar posibles dúbidas aos usuarios

ou completar algún aspecto da definición. Polo xeral, son de tipo conceptual, lingüístico ou

de uso.

14

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!