28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

alcachofa s.f. Cabeza inmatura da planta do

mesmo nome (Cynara scolymus), formada

por varias capas de follas carnosas super -

postas, de cor verde agrisada pola cara superior

e abrancazada polo revés, que se

consome unha vez cociñada.

es alcachofa

en artichoke

alcaparra s.f. Botón floral da planta do

mesmo nome (Capparis spinosa), reni -

forme, de cor verde e sabor lixeiramente

amargo, que se conserva en vinagre ou en

salmoira e se emprega como condimento.

es alcaparra

en caper

alcohol s.m. Líquido incoloro que se obtén da

destilación ou rectificación de produtos resultantes

da fermentación alcohólica de

materias vexetais azucradas ou amiláceas.

gl alcol

es alcohol

en alcohol

alcohol destilado loc.s.m. Alcohol que se

obtén por destilación de produtos resul -

tantes da fermentación de materias vexetais

azucradas ou amiláceas, cunha graduación

comprendida entre 80° e 96°.

es alcohol destilado

en distilled alcohol

alcohol rectificado loc.s.m. Alcohol que se

obtén por rectificación de produtos resultantes

da fermentación de materias vexetais

azucradas ou amiláceas, cunha graduación

superior a 96°.

es alcohol rectificado

en rectified alcohol

alcol s.m. Véxase: alcohol

alcrique s.m. Peixe azul de corpo alongado e

comprimido lateralmente, similar á agulla,

pero de menor tamaño, coas mandíbulas

menos prolongadas, entre cinco e sete pínnulas

despois das aletas dorsal e anal e as

espiñas de diferente cor.

gl alpabarda

gl chandarme

gl pataguillón

es paparda

en saury

NC Scomberesox saurus saurus

ale s.f. Cervexa que se elabora con lévedos

que fermentan a temperaturas elevadas e se

28

depositan na parte superior do tanque, xeralmente

escumosa e de sabor suave.

es ale

en ale

alegrías s.f.pl. Véxase: liviáns

alfábega s.f. Planta herbácea moi aromática,

de talo erecto e ramificado, follas ovadas e

dentadas e flores brancas en espiga, da que

se utilizan as follas frescas ou desecadas

como condimento.

es albahaca

es alfábega

en basil

NC Ocimum basilicum

alfajor 1 s.m. Doce de pequeno tamaño e forma

cilíndrica ou rectangular, elaborado cunha

masa de fariña, azucre glas, améndoa e aromas,

que se recobre con azucre glas e se

consome especialmente no Nadal.

es alfajor

en Spanish elongated soft shortbread

alfajor 2 s.m. Doce orixinario de Arxentina,

composto por dúas galletas reenchidas de

doce de leite e recubertas de chocolate ou

azucre.

es alfajor

en Argentinian sandwich biscuit [GB]

en Argentinian sandwich cookie [US]

alga s.f. Organismo autótrofo que contén clorofila

e vive na auga, que se utiliza na elaboración

de certas preparacións.

es alga

en seaweed

alimentación s.f. Conxunto de produtos que

se toman ou se ofrecen como alimento.

es alimentación

en food

en nourishment

alimentar v.t. Proporcionarlle alimento a alguén.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

gl nutrir

es alimentar

es nutrir

en feed

en nourish

alimentario, alimentaria adx. Relativo ou

pertencente aos alimentos ou á alimen -

tación.

es alimentario, alimentaria

en food

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!