28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

en meadow waxcap

NC Hygrocybe pratensis

faneca s.f. Peixe branco de corpo alongado e

comprimido lateralmente, co dorso de cor

parda amarelada, con bandas transversais

máis claras, e flancos e ventre abranca zados,

tres aletas dorsais e unha mancha negra na

base das pectorais, cabeza pequena, coa

mandíbula superior máis prominente que a

inferior, e unha barba nesta.

es faneca

en pouting

NC Trisopterus luscus

faragulla s.f. Anaco moi pequeno que se desprende

do pan ou doutros produtos elaborados

con fariña.

gl frangulla

gl migalla

es miga

es migaja

en crumb

farelo s.m. Casca do gran de cereal, despois

de moela e separala da fariña.

gl relón

es salvado

en bran

fariña s.f. Produto que se obtén da moenda do

gran de certos cereais.

Nota: Para os efectos da comercialización,

se non se indica o cereal de procedencia,

debe entenderse que é de trigo.

es harina

en flour

fariña centea loc.s.f. Fariña que se obtén da

moenda dos grans de centeo.

gl fariña de centeo

es harina de centeno

en rye flour

fariña de centeo loc.s.f. Véxase: fariña centea

fariña de millo loc.s.f. Véxase: fariña milla

fariña de trigo loc.s.f. Véxase: fariña triga

fariña enriquecida loc.s.f. Fariña á que se

lle engade algunha substancia que eleve o

seu valor nutritivo co fin de transferirlles

esta calidade aos produtos elaborados con

ela.

es harina enriquecida

en fortified flour

en enriched flour

112

fariña forte loc.s.f. Fariña que se obtén da

moenda dos grans de trigo duro, polo que

contén unha maior proporción de glute e

absorbe máis líquido que outras fariñas,

utilizada principalmente en panadaría.

es harina de fuerza

es harina fuerte

en strong flour

fariña frouxa loc.s.f. Fariña que se obtén da

moenda dos grans de trigo brando, de

forma que contén unha menor proporción

de glute e absorbe menos líquido que outras

fariñas, utilizada principalmente en

pastelaría.

es harina floja

en soft flour

fariña integral loc.s.f. Fariña que se obtén

da moenda do gran de cereal, sen tirarlle

ningunha parte a este.

es harina integral

en wholegrain flour

fariña milla loc.s.f. Fariña que se obtén da

moenda dos grans de millo.

gl fariña de millo

es harina de maíz

en cornmeal

fariña refinada loc.s.f. Fariña que se obtén

de moer finamente o endosperma do gran

de cereal.

es harina refinada

es harina blanca

en white flour

fariña triga loc.s.f. Fariña que se obtén da

moenda dos grans de trigo.

gl fariña de trigo

es harina de trigo

en wheat flour

farro s.m. Peixe branco de corpo alongado e

ovalado, similar á maragota, pero máis pequeno,

de cor variable, con varias bandas

lonxitudinais escuras, unha mancha semi -

circular detrás dos ollos e outra negra no

pedúnculo caudal.

es porredana

en corkwing wrasse

NC Symphodus melops

febra s.f. Carne sen graxa.

es carne magra

en lean meat

febra miúda loc.s.f. Peza de vacún que se

obtén da parte inferior das extremidades

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!