28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

en pilaf

en pilaff

en pilau

arroz salvaxe loc.s.m. Gran da planta do

mesmo nome, do xénero Zizania (especial -

mente Zizania aquatica), de forma e tamaño

similar ao arroz, de cor parda e textura

crocante.

es arroz salvaje

en wild rice

arroz tres delicias loc.s.m. Prato típico chinés,

elaborado con arroz cocido e salteado

con salsa de soia e outros ingredientes, como

ovos, verduras ou xamón.

es arroz tres delicias

en fried rice

arroz vaporizado loc.s.m. Arroz sometido

a un tratamento hidrotérmico e de secado

que facilita a súa cocción posterior.

es arroz vaporizado

es arroz parboiled

es arroz sancochado

en parboiled rice

arrozaría s.f. Establecemento especializado

na preparación de arroces.

gl arrocería

es arrocería

en rice restaurant

arrurruz s.m. Fécula que se obtén do rizoma

de diversas especies tropicais, especial -

mente da planta do mesmo nome (Maranta

arundinacea), e empregada en alimenta -

ción, en particular como espesante.

es arruruz

en arrowroot

artemisa s.f. Planta herbácea moi aromática,

de follas recortadas de cor verde na face e

agrisada no envés, e flores brancas ou aver -

melladas en panículas, moi aromáticas, da

que se utilizan principalmente as follas desecadas

como condimento.

gl herba de Nosa Señora

es artemisa

es artemisia

en mugwort

NC Artemisia vulgaris

asadeiro 1 s.m. Forno de obra que permite

prender lume de forma controlada e manter

as brasas concentradas para asar alimentos,

xeralmente ao aire libre.

gl asador

40

es asador

en barbecue

asadeiro 2 s.m. Véxase: asador 2

asado s.m. Alimento, especialmente unha

peza de carne, cociñado directamente á

calor do lume ou dun forno.

es asado

en roast

asador 1 s.m. Véxase: asadeiro 1

asador 2 s.m. Máquina empregada para asar

alimentos, formada por un espeto que xira

sobre uns eixes situados nos extremos, colocado

a unha distancia conveniente do elemento

xerador de calor.

gl asadeiro

es asador

en roaster

asador 3 s.m. Establecemento especializado na

preparación de pratos cociñados á brasa, ao

espeto ou á grella.

es asador

es parrillada

es parrilla

es grill

en rotisserie

asar v.t. Cociñar un alimento pola acción directa

do lume ou da calor.

es asar

en roast

asar lixeiramente loc.v. Cociñar lixeiramente

un alimento pola acción directa do

lume ou da calor.

es soasar

en roast lightly

asente s.m. Bebida de cor verde clara e sabor

forte, que se obtén por maceración e destilación

das follas da planta do mesmo nome

(Artemisia absinthium), anís e outras substancias

vexetais, cunha graduación alcohólica

superior a 50°.

es absenta

es ajenjo

en absinthe

aspartame s.m. Substancia (C 14H 18N 2O 5)

obtida da síntese do ácido aspártico e a fenilalanina,

que se emprega na industria alimentaria

como edulcorante.

Nota: Número CE: E-951

es aspartamo

en aspartame

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!