28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

manteiguería s.f. Véxase: manteigaría

mantel s.m. Peza de tea ou outro material coa

que se cobre a mesa para protexela e decorala

durante a comida.

es mantel

en tablecloth

mantela s.f. Véxase: mandil

mantelaría s.f. Xogo de mantel e panos de

mesa con características comúns.

gl mantelería

es mantelería

en table linen

mantelería s.f. Véxase: mantelaría

mantelo s.m. Véxase: mandil

manxar s.m. Alimento de moi boa calidade e

sabor.

es manjar

en delicacy

manzanilla s.f. Xerez de cor amarela pálida

e moi seco, sometido a un proceso de

crianza biolóxica, cun contido en azucre

inferior a 1g/l e unha graduación alcohólica

comprendida entre 15° e 19°, elaborado

en Sanlúcar de Barrameda e con denominación

de orixe propia.

es manzanilla

en manzanilla

máquina de pasta loc.s.f. Aparato que se

emprega para elaborar diferentes tipos de

pasta.

es máquina para pasta

en pasta maker

máquina de xeo loc.s.f. Máquina que se emprega

para facer cubos de xeo.

es máquina de hielo

en ice-making machine

maracuxá s.m. Froito en baga de diversas especies

do xénero Passiflora (especialmente

Passiflora edulis), de forma ovoide, coa

pel grosa de cor amarela ou púrpura, segundo

as variedades, e a polpa comestible,

moi zumarenta e de sabor agridoce.

gl froita da paixón

es maracuyá

es fruta de la pasión

en passion fruit

en granadilla

maracuxá amarelo loc.s.m. Maracuxá da

planta Passiflora edulis f. flavicarpa, coa

pel de cor amarela cando madura, de maior

tamaño e menos doce que o maracuxá morado.

es maracuyá amarillo

en yellow passion fruit

maracuxá morado loc.s.m. Maracuxá da

planta Passiflora edulis f. edulis, de forma

ovoide, coa pel de cor morada cando madura

e sabor doce.

es maracuyá morado

es maracuyá púrpura

en purple passion fruit

maragota s.f. Peixe branco de corpo alongado

e ovalado, con escamas grandes,

dorso de tonalidades verdes, castañas ou

alaranxadas con manchas máis claras, labios

grosos e dentes cónicos e fortes.

es maragota

en ballan wrasse

NC Labrus bergylta

marasquino s.m. Bebida orixinaria de Dalmacia,

incolora, elaborada por maceración

ou destilación de guindas, outras substancias

vexetais ou os seus extractos, cun contido

en azucre superior a 250 g/l e unha

graduación alcohólica comprendida entre

24° e 34°.

es marrasquino

en maraschino

marcar v.t. Preparar os ingredientes necesarios

para confeccionar un prato antes de

proceder á súa elaboración.

es marcar

en dress

marcar a mesa loc.v. Colocarlle a cada comensal

os utensilios necesarios para cada

un dos pratos solicitados na nota de pedimento.

es marcar la mesa

en set the table

margarina s.f. Alimento en forma de emulsión

líquida ou plástica, obtido a partir de

graxas e aceites comestibles que non proceden

do leite ou que só proceden parcialmente

del.

es margarina

en margarine

maría ordoña loc.s.f. Véxase: merenzao

maridar v.t. Combinar harmonicamente un

viño co prato ao que acompaña.

es maridar

en pair

153

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!