28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

escura e flancos e ventre prateados, moi similar

ao atún pero coas aletas pectorais

máis longas.

gl atún branco

gl albacora

es bonito del norte

es atún blanco

es albacora

en albacore

NC Thunnus alalunga

bordeos s.m. Viño tinto ou branco elaborado

na rexión francesa do mesmo nome, principalmente

coas uvas cabernet sauvignon

e cabernet franc.

es burdeos

en bordeaux

borgoña s.m. Viño branco ou tinto elaborado

na rexión francesa do mesmo nome, principalmente

coas uvas chardonnay e pinot

noir.

es borgoña

en burgundy

boroa s.f. Véxase: broa

borraxe s.f. Planta herbácea de talo simple,

follas grandes, rugosas, ovadas e de cor

verde, e flores azuladas agrupadas en acios,

da que se consomen principalmente as follas

unha vez cocidas.

gl soaxe

es borraja

en borage

NC Borago officinalis

bortel s.m. Véxase: peneira 1

bortelar v.t. Véxase: peneirar

bota s.f. Recipiente de coiro utilizado para

conter viño e beber botando o líquido

desde o alto.

es bota

en wineskin

botella s.f. Recipiente xeralmente alongado e

de colo estreito que se emprega para conter

líquidos.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

contido deste recipiente.

es botella

en bottle

botella alsaciana loc.s.f. Botella de vidro de

cor verde, orixinaria de Alsacia, alta e estilizada

e cunha capacidade de 75 cl, utilizada

principalmente para envasar viños

brancos e rosados.

54

es botella alsaciana

es alsaciana

en Alsace bottle

botella bocksbeutel loc.s.f. Botella de vidro

de cor verde, orixinaria de Franconia, de

corpo aplanado e convexo e colo curto,

cunha capacidade de 75 cl, utilizada principalmente

para envasar viños brancos.

es botella bocksbeutel

en bocksbeutel

botella bordelesa loc.s.f. Botella de vidro de

cor verde ou transparente, orixinaria de

Bordeos, cos ombros altos e unha capaci -

dade de 75 cl, utilizada principal mente

para envasar viños tintos.

es botella bordelesa

es bordelesa

en bordeaux bottle

botella borgoñoa loc.s.f. Botella de vidro de

cor verde, orixinaria da Borgoña, similar á

bordelesa, pero máis ancha e cos ombros

máis baixos, cunha capacidade de 75 cl,

utilizada principalmente para envasar viños

tintos.

es botella borgoñona

es borgoñona

en burgundy bottle

botella de champaña loc.s.f. Botella de

vidro groso de cor verde ou transparente,

orixinaria de Champaña, de ombros caídos,

coa base e o colo anchos e unha capacidade

de 75 cl, utilizada principalmente para envasar

viños escumosos, como o champaña

e o cava.

es botella de champán

en champagne bottle

botella mágnum loc.s.f. Botella de vidro

cunha capacidade de 1,5 l, utilizada para

envasar viños.

es botella mágnum

es mágnum

en magnum

botella renana loc.s.f. Botella de vidro de

cor ámbar, orixinaria das zonas da ribeira

do Rin, alta e estilizada e cunha capacidade

de 75 cl, utilizada principalmente para envasar

viños brancos e rosados.

es botella renana

es renana

es botella del Rin

en Rhine bottle

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!