28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sal refinado loc.s.m. Sal que se obtén da purificación

por lavado ou disolución e posterior

cristalización do sal xema, sal mariño

ou sal de manancial.

es sal refinada

en refined salt

sal xema loc.s.m. Sal que se obtén de xacementos

salinos naturais.

es sal gema

en rock salt

salame s.m. Embutido cru elaborado cunha

mestura de carne de porco, de vacún ou de

porco e vacún e touciño picados, sazonada

con sal, pementa e outros condimentos e

aditivos, embuchada nunha tripa natural ou

artificial e sometida a un proceso de curación

e afumadura.

es salami

en salami

salchicha s.f. Produto elaborado cunha mestura

de carne e touciño picados, sazonada

con sal, pementa e outros condimentos e

aditivos, embuchada nunha tripa natural ou

artificial, que pode comercializarse cru, cocido

ou afumado.

es salchicha

en sausage

salchicha de Frankfurt loc.s.f. Salchicha

elaborada cunha mestura de carne de

porco, de vacún ou de porco e vacún e touciño,

sometida a un proceso de afumadura

e posteriormente de escaldadura.

es salchicha de Frankfurt

en frankfurter

salchicha de Viena loc.s.f. Salchicha elaborada

cunha mestura de carne de porco, de

vacún ou de porco e vacún e touciño, sometida

a un proceso de escaldadura e posteriormente

de afumadura.

es salchicha de Viena

en Vienna sausage

salchichón s.m. Embutido cru elaborado

cunha mestura de carne de porco, de vacún

ou de porco e vacún e touciño, sazonada

con sal, pementa e outros condimentos e

aditivos, amasada, embuchada nunha tripa

natural ou artificial e sometida a un proceso

de curación.

es salchichón

en saucisson

saleiro s.m. Recipiente que se emprega para

gardar o sal e servilo na mesa.

es salero

en salt cellar [GB]

en salt shaker [US]

salga s.f. Véxase: salgadura

salgado, salgada 1 adx. Que ten sal ou que

sabe a el por ter de máis.

es salado, salada

en salty

salgado, salgada 2 adx. Conservado en sal.

es salado, salada

en salted

salgado, salgada 3 adx. Que non ten sabor

doce, comparado con outros alimentos do

mesmo tipo.

es salado, salada

en savoury [GB]

en savory [US]

salgadura s.f. Proceso que consiste en curar

con sal un alimento, co fin de deshidratalo

e inhibir a actividade microbiana para prolongar

a súa conservación.

gl salga

es salazón

es saladura

en salting

salgar 1 v.t. Botar unhas areas de sal sobre un

alimento ou preparación para condimentalo.

gl salpresar

gl arear

es salar

en salt

salgar 2 v.t. Conservar en sal un alimento.

gl salpresar

es salar

es salpresar

en salt

salmoira s.f. Disolución de sal en auga, á que

se lle pode engadir outros condimentos, e

que se utiliza xeralmente para a conservación

de certos alimentos.

gl moira

es salmuera

es aguasal

en brine

salmón s.m. Peixe azul que vive no mar e desova

nos ríos, de corpo alongado e fusiforme,

con escamas pequenas, dorso de cor

219

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!