04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O «CAMINHO DE SANTIAGO», ESPACIO DE MEDIACIÓN E DE UNIVERSALIDADE 103

verifícase nun lugar despoboado, nun promontorio no que se asentaba

un vello castro (do que se descoñece o nome, pero que podería se-lo

antecedente de Castróndouro ou Callobre). Este castro controlaba un

importante cruce de camiños: o norte-sur, que constituía a vía romana

Braga-Lugo por Brigantium (A Coruña); é dicir, a liña en dirección ó

sur pasaba por Padrón e cara o norte pasaba por Ordes; o camiño que

partía cara o oeste, pasando pola Maía, Noia, en dirección a Finisterre;

o camiño secundario que unía Arzúa e Melide con Lugo; e o camiño

que se dirixía cara o sureste polo Ulla, en dirección a Ourense.

É a carón deste santuario (preexistente á «inventio») onde se

propuxeron – e se propoñen ainda – as preguntas máis acuciantes respecto

á cuestión xacobea: ¿qué é o que realmente se descubríu en

Compostela no primeiro tercio do século IX? Resulta sorprendente a

insistencia dos documentos, a partir desas datas, en describi-lo lugar

de enterramento con fórmulas que enlazan coas noticias do Breviarium

Apostolorum as tradicións xa mencionadas: «nunha arca de

mármore», ou «debaixo duns arcos de mármore» (pasando do topónimo

ó modo de enterramento, sen saber realmente a qué se debe este

cambio na explicación). Pero o feito é que a combinación de arcas

e arcos imponse a partir da metade do século XI. Deste xeito, desde o

momento en que Teodomiro recoñece a tumba, deséñase unha cámara

recuberta por un arco, debaixo do que, a carón do bispo – ó que acompaña

un anxo revelador –, vense tres sepulcros de distinta categoría.

O monumento descuberto, calquera que fora a súa forma e estructura,

constituíu o núcleo dos sucesivos templos que se construiron sobor del

para dar acollida ós devotos xacobeos (unha primeira igrexa mandada

construir por Alfonso II; unha segunda, a fins do século XI, por

Alfonso III – destruída por Almanzor un século despois, e reconstrída

a principios do século XI –; unha terceira, a finais do século XI (1070),

que corresponde á igrexa románica que se coñece). Das excavacións

realizadas – sen entrar, por suposto, nas aportacións das mesmas – o

único seguro que pode manterse é que no interior da antigua construcción

atopáronse restos de mosaicos procedentes, cecais, dos

séculos III-IV, que parecían recubrir o enterramento, así como muros

e pavimentos antigos, probablemente tamén desa época, próximos a

unha serie de construccións diversas, interpretadas como dependencias

dunha villa (romana). Pero as excavacións realizadas na catedral

santiaguesa na década dos cincuenta deste século deixan moitos

problemas sen resolver, p.e., parece que os muros de cantería que arrodean

o conxunto do monumento sagrado, non van más alá – atendendo

a súa estructura – do século IX; dígase outro tanto respecto á

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!