04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

SOBRE LA AGONÍA DE EUROPA DE MARÍA ZAMBRANO 139

Baixo o pesimismo profundamente humano que desprende María

Zambrano atopamos o latexo infatigable dunha conciencia lúcida e

desperta, o seu vitalismo que acompaña, non á irracionalidade, senón

ao desenvolvemento dunha razón poética, mediadora e á unha historia

ética, por iso no mesmo texto do Prólogo antes citado afirma que « Hai

que esperar, sí, o más bien no hay que desesperar de que esto pueda

sucecer en este planeta tan chiquito, en un espacio que se mide por

años luz, que se repita el . […] De que un triunfo glorioso de

la Vida en este pequeño lugar se dé nuevamente».

Volvendo sobre a agonía de Europa, como sinala Alcira B. Bonilla,

un único deber aparece no horizonte, isto é, o da resurrección

europea 20 . Agora ben, a resurrección só pode vir da man da recuperación

da persoa humana, esa realidade radical irreductible, esa novidade

que abre a esperanza a que a historia deixe de ser tráxica para

ser ética, e que require comezar por unha «transformación do logos».

O renacemento pivota pois sobre a Persoa e a Democracia, só así

podera facerse o mundo máis noble e habitable, fronte ao absolutismo

da razón, ao sacrificio, ao éxito. Facer o mundo máis noble e habitable,

desenmascarar os monstruos que nos acometen, ao fio do decir e

sentir de María Zambrano, lévanos a pensar e a construir Europa

como cidade aberta, libre e democrática, e polo mesmo a reflexionar

sobre economía e cultura, e sobre a política.

20 Art. cit., p. 17.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!