04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

96

DIACRÍTICA

Na primeira fase, antes da «inventio» (é dicir, antes do camiño por

antonomasia, século IX) xa en Santiago e en Galicia existían «camiños

antes do camiño» 39 .U. Romero Pose, a quén debemo-lo presente epígrafe,

seguindo as pegadas de J. Fontaine, tantea describi-lo panorama

espiritual do Occidente peninsular relativo ós primeiros tempos do

cristianismo. Antes de que o Noroeste – concretamente Santiago de

Compostela – se convertira en punto de referencia da cristiandade

medieval, procura rastrexar, a través da literatura, da arqueoloxía e de

documentos históricos, etc., a existencia de camiños (e de peregrinacións)

anteriores á «inventio», coa finalidade de respostar á pregunta

seguinte: «…se a peregrinación medieval a Santiago – sen nega-la súa

peculiaridade e os seus perfís característicos – supón unha ruptura

co pasado, sendo un novum no horizonte do medioevo, ou máis ben

é a culminacion dun proceso favorecido polo contexto eclesial que

funde as súas raíces nos séculos anteriores ó noveno. Isto non quere

dicir que minusvalore ou prexulgue a cuestión relativa á inventio dos

restos do Apóstolo».

Dito de forma directa, a cuestión concrétase na posibilidade de

describir un continuum de camiños previos ó «Camiño de Santiago»

e ó fenómeno polisémico e polivalente das peregrinacións, porque,

estudiada a historia e tamén a pre-historia das rotas de comunicación

na Gallaecia pre-romana, cada pobo e cada relixión tiveron os seus

camiños; pero no caso concreto da primeira cristianización da Gallaecia

pódese afirmar que sería inconcebible o proceso de romanización

sen o rol dos camiños e dos peregrinos. Neste sentido, xa na antigüidade

cristiana, C.Torres constata o contacto entre dúas provincias tan

afastadas do Imperio como as de Siria e a da Gallaecia no século IV 40 .

De feito, a configuración da provincia da Gallaecia, e a súa relación

coas demáis provincias do Imperio, desenvólvese de xeito paralelo ó

39 Tomámo-la expresión de U. Romero –«O camiño antes do Camiño», Ecrucillada,

8 (1992), 70-7. Tamén X:. L.Barreiro Rivas (cfr. notas 26-27) desde unha perspectiva política

sinala os diversos tanteos de reconstrucción da idea imperial (despois da caída de

Roma: desde Santo Agostiño –coa idea de romanización como construcción espiritual

(Roma non perit, si romani non pereant), pasando polos Papas Gelasio e Gregorio Magno,

que representa o terceiro intento de reconstrucción (militar) da idea imperial; pero, «…o

imperio carolinxio marca a fin da vella idea imperial e o nacemento de Europa como

realidade política» (1992,11).

40 TORRES, C., «Las peregrinaciones de Gallaecia a Tierra Santa en el siglo V»,

Cuadernos de Estudios Gallegos, x (1955), 317-332.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!