04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

SOBRE LA AGONÍA DE EUROPA DE MARÍA ZAMBRANO 133

aparece como problema, a evocación e a nostalxia non o resolven.

O que mantén o angurioso anhelo, o que ten de irrenunciabel a esencia

de Europa, é tamén o que fará posible a sua resurrección: «Europa no

ha muerto, Europa no puede morir del todo; agoniza» (p.26). Europa

está condenada a agonizar pero tamén a renacer das suas cinzas.

Tras este diagnóstico indaga sobre a traxedia, sobre a violencia

europea, unha violencia de raíz que afecta a todos os aspectos da vida

europea. Así plantease a cuestión da orixe da violencia, entendendo

que iso é o mesmo que preguntarse polas oríxes de Europa e «por la

substancia de la vida europea». A orixe da violencia está vencellada ao

que é ao mesmo tempo o seu obxecto de adoración, de fanatismo e

idolotría, aínda que se dirixa á verdade. Deténdose no Deus europeo,

na mediación filosófica, na violencia na historia, Zambrano parte de

que Europa non é Grecia, non herda os seus deuses. O Deus europeo é

o do «pobo elixido» o da creación, activo e violento que fai sair o

mundo da nada. Un Deus que, sen embargo, perde ao home, o home

sae do paraíso, e dille «seredes como deuses». Esta saída, esta perda,

supón no home a ansia creadora, o ser dono e Deus dun mundo que él

non creou. A tradición europea é, afirma, a do triunfo do Cristianismo.

Actividade, creación, que contrasta coas relixións orientais que, pola

contra, apostan pola fuxida do mundo.

S. Agostiño 18 – e a Confesión – será quen de facer posible o tránsito

da cultura antiga á nova cultura: «debajo de ese culto a la creación,

está la idea que el hombre se ha hecho acerca de sí mismo como criatura

que puede crear y, bajo la idea, su soledad lanzada hacia la creación;

la creación de su mundo, desde la soledad en que cayó a la salida

del Paraíso» (p. 33). Europa entendese, dende estas coordenadas, como

unha cultura na que calla o frenesí da creación. Máis é a mediación da

filosofía o que resalta. É o filósofo o que pode tomar partido polo

home xa que «el esfuerzo mayor de la Filosofía ha sido siempre el de

neutralizar los efectos de los dioses. De ahí que las mujeres no hayan

18 Agostiño pasa a ser un referente ineludibel no pensamento da nosa autora.

En 1943 publica La Confesión, género literario y método. Desta obra comenta R. Roig:

«En este género de la confesión empezó San Agustín a sintetizar sus creencias cristianas,

con sus ideas sobre la filosofía griega. De esta síntesis nació, para María Zambrano, la

idea de Europa. La confesión es el grito silencioso de quien, queriendo callar, tiene la

necesidad de decir. Por ello se sitúa en un tiempo determinado y muestra un alma

desnuda. La confesión es la mostración del alma que quiere reconciliarse consigo misma

saliendo a la luz», art. cit. p. 150.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!