04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

86

serie de problemas, ós que, hoxe por hoxe, é dificil responder. Noustante,

para a nosa intencionalidade, Prisciliano é un claro expoñente

dun modelo de discurso simbólico-polisémico e dunha relixiosidade

popular, dunha opera chiusa, enfrontado a outro tipo de discurso

(sígnico-monovalente, de opera aperta) e a unha relixión xerarquizada,

oficializada; en definitiva, ó discurso do poder.

2. O «Camiño de Santiago», espacio de mediación

e de universalidade.

DIACRÍTICA

Retomando o texto (e pre-texto) inicial de Castelao, e tratando de

esgotar as súas virtualidades, comezamos referíndonos a Prisciliano,

representante dun discurso simbólico-polisémico, fronte a outro tipo

de discurso, sígnico-monosémico. Continuando co mesmo fragmento

– e nunha primeira aproximación – fica ainda por explicitar, ou respostar,

nun primeiro momento, á interrogante: ¿Prisciliano ou Sant-Yago?

(respecto ó corpo que está enterrado en Compostela), e, nun segundo

momento, ó problema da «inventio» do corpo do Apóstolo, á configuración

do Camiño de Santiago, como «centro de de universalidade»,

cruce de culturas do mundo antigo, de formación de unidade espiritual

conxunto dos movimentos monásticos occidentais de fins do século IV. V. Schatz (1917)

salientao como representante da polaridade carisma/xerarquía. Barbero Aguilera (1963)

considera o Priscilianismo como un dos movimentos relixiosos tardíos, de carácter

social. W. H. Frend (1952) entende o priscilianismo como a expresión dunha protesta

social das clases inferiores, en particular, das zonas rurais e escasamente cristianizadas

da Gallaecia. B. Vollmann (1965) interpreta a Prisciliano como un símbolo que revela a

oposición entre o clero galaico (obediente ós suevos), e o clero hispano-ortodoxo, fiel ós

visigodos, herdeiros do poder imperial. J. Fontaine (1981) considera ó Priscilianismo

como un dos movimentos ascéticos datables no século IV, no que acada o seu entendemento

no conxunto de factotres socio-económicos, políticos, e culturais. Goosen (1976)

estima que a súa doctrina non é gnóstica, nin maniquea, senón o resultado dunha experiencia

de vida persoal, que procura xustificar con apoiaturas bíblicas na meirande parte

das ocasións, máis que nunha experiencia intelectual. Chadwick (1976) cre que é preciso

entender a Prisciliano no marco dunha socioloxía das relixións. Cabrera Moreno (1983)

ve a Prisciliano enraizado no Noroeste hispánico e inseparable das pervivencias indíxenas

e da escasa cristianización. Van Dam (1985) explica a Prisciliano en términos do

que chama dinámica de comunidades, a asimilación entre cristianismo e sociedade e a

conversión do primeiro na nova linguaxe das relacións de poder, etc. Toda esta morea de

interpretacións confirma o que temos establecido desde o principio: que a analítica

textual exclusivamente interna non é suficiente para comprende-la obra de Prisciliano;

e que, no fondo de todo, Prisciliano amosa un carácter simbólico-polisémico.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!