04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A IDENTIDADE DE EUROPA 185

no exercicio filosófico e que me guiaron rectamente a través de camiños

torcidos; a obriga, en fin, de no ser indigno co que Europa fixo de

min e por min: ofrecerme a súa vella historia, a súa antiga e renovada

sabiduría, ese saber filosófico que cada día me amamanta tanto cos

seus acertos, como con seus erros; esa civilización que me enseña e

educa tanto cos seus logros e bondades como coas súas perversidades

e tamén horrores.

Unha Europa que está a construi-la súa unidade nun momento de

cambeo, de fonda crise da filosofía heredada da modernidade e da

Ilustración. Época crepuscular a nosa, necrofílica, na que se ten predicado

a morte da Razón, a morte de Deus, a morte do Home, a morte

e a fin da Historia. A Hoffnung der Zukunft, a «esperanza do futuro»,

da que falaba o ilustrado Kant, xa non late no corazón do meu fatigado

e descreído tempo. As instancias metafísicas, trascendentes ó Mundo

son – permítaseme empregar unha expresión spinozista – «asilos da

ignorancia» onde o home se refuxia na procura dun falso e inexistente

amparo para conxura-la soidade, a inquietude e fonda desesperanza

que lle produce aquelo que non comprende: a finitude, a morte,

o mal, por algo que todavía comprende menos: Deus, o Ser, a Razón, a

Natureza.

Habermas ten caracterizado, como saben, este periodo postmoderno

do pensamento precisamente como postmetafísico 1 , é dicer,

como un periodo no que o pensamento renunciou ó mito da mirada

sobre a totalidade e se fixo sensible ó particular e concreto; renunciou

á filosofía da conciencia, realizando o «xiro lingüístico» e optando por

unha filosofía da linguaxe; renunciou a unha razón fundamentalista e

optou por unha razón procedimental; renunciou, en fin, a un pensamento

metafísico de instancias fundamentadoras, ben trascendentes ó

mundo ou ben trascendentais ou constituintes deste, por un pensamento

postmetafísico onde se fai énfase nos procedimentos da razón

máis que nos seus fundamentos.

Non deixa de ser curioso que cando a filosofía, levada por un principio

eloxiable de prudencia metodolóxico-epistémica da súa razón

teórica, abandona todo «gran relato», toda esperanza de constituirse

nun pensamento totalizante e globalizador, as tendencias no ámbito

da vida da razón práctica sexan precisamente cara unha progresiva

globalización e universalización dos procesos e problemas que, coido,

1 Vid. HABERMAS, Jürgen; Pensamiento postmetafísico, Taurus, Madrid, 1990. Sobre

todo o capítulo terceiro titulado «Motivos del pensamiento postmetafísico», páxs. 38-63.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!