04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

SOBRE LA AGONÍA DE EUROPA DE MARÍA ZAMBRANO 127

coñecer a nosa autora en 1930 e os artigos publicados na revista Hora

de España ; La agonía de Europa (Bós Aires, 1945) e Persona y democracia.

La historia sacrificial (1958). Igualmente vai más alá do noso

cometido nestas páxinas ofrecer unha análise pormenorizada da

filosofía política de Zambrano. O noso obxectivo é máis modesto e

limitado, a saber, achegarmonos ao seu pensamento desde a lectura de

La agonía de Europa 8 .

Unha razón adicional, pero non menos importante, ao noso modo

de ver, refirese a que esta filósofa, sen catalogarse ela mesma nen

ser catalogada como feminista, sen embargo, desde a súa propia e primeira

actividade política, como, despois, na súa escrita, amosa unha

grande preocupación polas mulleres en xeral, pola súa situación de

desvantaxe na sociedade, dando conta das dificultades que se atopan

para se adicar á Filosofía. A sua forte sensibilidade aparece na sua

escrita, ocupándose de figuras femeninas como Eloísa, Antígona e

Diótima en: «Delirio de Antígona» ( tamén «La tumba de Antígona»),

«Eloísa o la existencia de la mujer» e en «Diótima de Mantinea», ou no

seu interés polas mulleres de Galdós, por citar algunhas.

Así pois abondan razóns para tomar o texto de María Zambrano

como pretexto para pensar Europa, dende o noso contexto, para volver

a mirada cara a nosa tradición de pensamento ao respecto, e facelo da

man dunha pensadora da que nos dirán que «no le teme ni al fuego ni

al hielo» (Lezama Lima), ou que pertence a «ese orden de seres que

lamentamos no encontrar más que en raras ocasiones, pero en los que

no cesamos de pensar y a los que quisiéramos comprender o, cuando

menos, adivinar» (Cioran).

1. Cara a un novo liberalismo

Como xa se apuntou, María Zambrano, ao igual que o seu mestre

Ortega 9 , desenvolve a súa reflexión filosófica ao fio dos acontece-

8 Neste sentido quixeramos suliñar que un dos aspectos importantes a analisar é,

precisamente, a relación entre a súa filosofía política, ou o seu pensamento político, e a

filosofía da historia, por canto hai autores que inciden en que obras como La agonía de

Europa e Persona y democracia, «quizás puedan calificarse como de «filosofía de la

historia», sin forzar demasiado los términos», Alcira B. Bonilla: «La transformación

del logos» en Asparkia, p. 15.

9 Sobre a relación entre política e filosofía en Ortega pode verse «Ortega, política

y fenomenología» en J. San Martin (ed.): Ortega y la fenomenología. Madrid, UNED,

1992, pp. 257-276.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!