04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

98

DIACRÍTICA

E, finalmente, xa no século VII, aparece Beato de Liébana, que

escribíu o comentario ó Apocalipse máis importante de toda a historia

da literatura latina; figura que X. L.Barreiro Rivas considera un elemento

clave ó crear un ambiente intelectual e espiritual, para o xurdimento,

anos máis tarde, do fenómeno xacobeo e da sistematización

dos seus símbolos, de tal forma que «…o camiño de Santiago aparece

como unha ruta de imperiosa necesidade para a nacente cristiandade

peninsular, arrecantada en Asturias e no noroeste. Un camiño que

debía percorrer mil kilómetros, sinalando a fronteira e os límites irrenunciables

da cristiandade, e que debía salvar unha fragmentación

suicida do poder político cristián. Pero esta racionalización do fenómeno

xacobeo, levada a cabo dende unha perspectiva socioxenética

do europeismo medieval, non debe confundirse cunha secularización

da peregrinación, senón que debe interpretarse, pola contra, como

unha demostración da relixiosidade medieval que amosa aquí o único

sistema de comprensión do mundo dende o que era posible ordenar e

definir un espacio e vertebrar homes e ideas para un esforzo colectivo.

Eis, pois, o Camiño de Santiago incardinado de forma sobranceira

no proceso de recomposición dos espacios políticos, operando no

medioevo, e na cerna mesma da centralización que, impulsada pola

Igrexa e o poder civil, preceden ó Estado renacentista» 44 .

En definitiva, que o fenómeno xacobeo non foi un novum, senón

un continuuum; que a Gallaecia dos séculos IV-V, antes que peregrina,

é meta de peregrinación; que na perspectiva do continuum o Camiño

44 BARREIRO RIVAS, X..L, «Galicia en Europa: o novo camiño…», cit. 22. Recentemente

volve a insistir na mesma perspectiva: «Ó reves do que adoita dicirse, a noticia da

predicación de Santiago en España xorde dunha transformación progresiva dun

elemento simbólico nun feito histórico. E no iter desa transformación pódese observa-la

existencia de catro momentos diferentes que estructuran o que despois sería o culto

xacobeo: a) Un primeiro momento no que se formula o carácter apostólico das Igrexas

occidentais, no que xoga un papel fundamental a tradición non escrita da colectividade

cristiá. b) Un segundo momento no que se identifica a España co extremo ocidental,

con especiais referencias a Aldemo de Malmesbury e os Martiroloxios de Adón e de Beda

o Venerable. c) O terceiro estadio é definido polo Breviarium Apostolorum e o De ortu et

obitu patrum, que reforzaron a apostolicidade das Igrexas de España coa concreta

contribución a Santiago da evanxelización da provincia. d) Un cuarto estadio, vinculado

á obra de Beato de Liébana e ás Crónicas Asturianas, no que a Igrexa galaico-asturiana

afronta a derradeira concreción, tras institui-lo padroado de Santiago no himno

O Dei Verbum, e despois de situar no Finis Terrae galaica o enterranmento apostólico»

(«O xurdimento da cultura política occidental: o papel de Santiago na construcción de

Europa», Encrucillada, 111 –1999-), 12).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!