04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

92

DIACRÍTICA

culto a Santiago en calqueira parte do mundo) e outra moi distinta era

a veracidade da cuestión xacobea (isto é, que os restos do Apóstolo

Santiago foran traídos a Santiago e depositados no lugar de enterramento

no que se lle ven dando culto).

Os primeiros documentos relativos o achádego dos restos de Santiago

en Compostela (nome drivado de campus estellae, ou de compositum

– lugar de enterramento –) pertencen ós séculos IX-X; documentos

referidos ó século I, polo que, amáis de gozar es escasa

fiabilidade histórica en canto documentos, espertan serias dúbidas

en canto que evidencian o sorprendente vacío documental entre os

séculos I e IX. ¿Qué foi o que realmente aconteceu no século IX para

que o nome e a historia de Santiago rexurdise dun modo tan prodixioso?

Sabemos que nos primeiros oito séculos Santiago (o Apóstolo)

non se encontraba entre os catro ou cinco apóstolos máis afamados.

E a prol de que sexa Prisciliano o que está enterrado en Compostela

está o feito de que as tumbas achadas baixo a catedral pertencen ós

secúlos IV-V; e que era costume enterrar perto de, e orienta-lo enterreamento

cara algún santo ou mártir (tal como aparecen os esqueletos

baixo a nave central, orientados cara o altar). Baixo o ábside foron

encontrados restos que non eran romanos, xa que éstes incineraban

ós seus mortos; pero sí eran romanos os restos arquitectónicos (e era

lóxico que así acontecera no século IV, moito máis romanizado que ó

século I). Pero, segundo a tradición, os enterrados serían hebreos e,

amáis, discípulos de Santiago.

O testimonio de ter sido Santiago enterrado na diócese de Iria

Flavia, procede do Códice Calixtino. Alí figura o relato segundo o que o

corpo de Santiago gardaría repouso dentro dos dominios lexendarios

da Raiña Lupa, despois de convence-la os discípulos do Apóstolo por

medio dun milagre. No lugar do enterramento destruirían un ídolo

pagán alí existente (o que podería concordar con que o templo fose

romano, e que os enterrados fosen cristianos do século I, que virían a

ocupar un templo ou lugar sagrado pagano que xa existía con prioridade).

Deste modo teríamos un caso ou exemplo paradigmático de

sustitución ou suplantación do paganismo polo cristianismo, que se

pode trasladar – se ben de forma anacrónica – a uns séculos máis

tarde, nos que as reliquias do Apóstolo viñeron a ocupar o vacío producido

polo culto dun Prisciliano xa en plena decadencia, por mor das

represións (enténdanse anatemas conciliares sobre todo) a que se lle

sometera durante os séculos V-VI (sustitución na nosa hipótese dunha

relixión carismático-popular por unha relixión oficial, traducida en

clave de perspectiva relixioso-política).E, en verdade, non sería nin o

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!