04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A IDENTIDADE DE EUROPA 193

fin de conseguir unha existencia en liberdade; unha liberdade pública

e privada, social e persoal que atope a súa garantía e o seu fundamento

último na liberdade de pensamento, no libre exercicio teórico da

razón; unha razón que quere adecuar a totalidade da vida humana ás

necesidades inmanentes que ela porta consigo e das que vai tomando

concienca no seu progresivo autoescrarecemento teórico-práctico.

Éste é, sen dúbida algunha, o telos e o ideal que garda e porta a filosofía

en canto actividade humana. Así o viu tamén Hegel, cando afirmaba

nas súas Leccións de Filosofía da Historia Universal que «o único

pensamento que a filosofía leva consigo é o simple pensamento da

razón: que a razón goberne o mundo e que, por tanto, tamén a historia

universal teña que desenvolverse racionalmente.» 10

É por iso polo que penso que o modo filosófico de vida non é só

un modo de saber, a súa forma máis elevada e excelsa, senón tamén

unha ética do saber. Ela supón, respecto do exercicio teórico, un compromiso

irrenunciable coa autonomía individual, é dicer, coa auto-consciencia,

co auto-escrarecemento racional, e, polo que atinxe á dimensión

práctica da existencia, un compromiso coa auto-responsabilidade,

é dicer, coa obriga de implanta-lo ben no mundo, chamémoslle a éste

coas grandes verbas de felicidade, xustiza, liberdade ou paz, o coas

máis modestas de saúde, cobixo, benestar ou emprego. En última

instancia, o ideal moral da filosofía é un traballo permanente de ilustración,

de autociencia niversal que nos faga saír a todos dunha

minoría de idade e nos permita ser cada vez máis responsables do noso

obrar e da marcha e destino que compre darlle á historia e ó mundo,

xa que, nefeuto, non hai garantía algunha de que exista unha Providencia

que vele pola boa sorte desta humanidade errante e doente.

de Europa, Nau Llibres, Valencia, 1993, páxs. 29-52. Os antecedentes deste importante

concepto na obra do profesor Javier San Martín atópanse nunha das súas primeiras

obras, La Antropología. Ciencia humana, ciencia crítica (Montesenóns Editor, Barcelona,

1985). Alí, no seu capítulo VIII, «Carácter crítico de la antropología» (páxs. 118-130) fala

de categorías ou conceptos ligados a unha cultura ou racionalidade particular, que só

terían un alcance hermenéutico limitado á comprensión da cultura propia, e conceptos

ligados a unha racionalidade universal, que sirven tanto para pensa-la condición

humana propia, como tamén a dos «outros».

10 Cfr. HEGEL, G.W.F. ; Lecciones de Filosofía de la Historia Universal, Ediciones de

Revista de Occidente, Madrid, 1974, páx. 43.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!