04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A IDENTIDADE DE EUROPA 199

A miña intervención tiña como segreda e última intención o

mostra-la íntima vinculación que garda a sorte da cultura filosófica

europea co proxecto e imaxe do home universal que ela porta. A filosofía,

como sentenciaba Ortega, debe ser un exercicio de salvación da

circunstancia. E o que está en xogo nesta nosa postmodernidade é

precisamente a posibilidade ou non de que o home se entenda e se

oriente racionalmente a sí mesmo e ó mundo social que ten construido;

o que aquí está en perigo é o feito de que o home, o direi con

palabras de Husserl, sexa «libre nas súas posibilidades de configurarse

a sí mesmo en forma racional e de conformar non menos racionalmente

o seu entorno.» 16

O que sempre se está a xogar segredamente na historia de Europa

é precisamente a preservación ou non do sentido último da humanidade

no seu conxunto; é dicer, o ser unha humanidade filosófica, isto é,

o ser unha humanidade colocada baixo o signo da apodicticidade 17 ,

telos último da normatividade teórica e práctica da razón; o ser unha

humanidade cun núcleo veritativo e normativo compartido, verdades e

normas que non estén ó chou de circunstancias e continxencias

propias de cada tradición, da comunidade étnica, relixiosa, política ou

ideolóxica particuares; que non dependan do triunfo epocal das forzas

que pugnan sen control racional algún no campo da historia. O que se

dirime ó longo do transcurrir, desventurado ou benaventurado de

Europa na historia é o destino final da «súa» racionalidade, que, de ahí

o noso entrecomillado da verba, xa non é só súa, senón que é unha

racionalidade propiamente universal, pois debe ser tarefa de tódolos

pobos e homes que comprendan e ordenen o mundo sobre a base de

ideais normativos que promovan conocimentos e normas fundadas na

razón; é dicer, que exerzan en plenitude unha autonomía teórica e

práctica á que están chamados en función das esixencias da súa

mesma naturaleza racional. Esta responsable maneira de pensar e

obrar autónomamente non é senón a forma filosófica de existencia

16 «Si betreffen schließlich den Menschen als in seinem Verhalten zur menschlichen

und aussermenschlichen Umwelt frei sich entscheidenden, als frei in seinen

Möglichkeiten, sich und seine Umwelt vernünftig zu gestalten.» (Cfr. HUSSERL, Edmund;

Die Krisis….pág. 4. La Crisis., páx. 6).

17 Sobre este tema da apodicidade pódese ver o primeiro e segundo apartado do

«Epílogo» da miña obra Curso de Estética fenomenológica, vol. I: «El Hechizo del Ser.

Sobre los conceptos fundamentales del método fenomenológico» (Edicións do Castro,

O Castro-Coruña, 2000), titulados «La filosofía bajo el signo de la apodicidad» y «Europa

en cuanto cultura apodíctica. Su teleología apodíctica» (páxz. 275-283 e 280-289).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!