04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

SOBRE LA AGONÍA DE EUROPA DE MARÍA ZAMBRANO 137

supra – temporal. Zambrano emprende a tarefa de buscar o núcleo

íntimo que lle da significado ao nacente momento histórico.

Volvendo sobre o home, a maior necesidade, biolóxica e psicolóxica,

es sentir, alguna vez que coincidimos con nosotros mismos. En definitiva,

o home é conflicto. Dende aquí expresase a idea fundamental, o

que constitue o cerne do home novo, a saber, a interioridade, que ten

a súa orixe na persoa cristián ( non deriva do estoicismo, posto que

está suxeito a límite e medida) na que a verdade está no seu interior:

«Ser hombre es poseer esta interioridad que lo trasciende todo, esta

interioridad inabarcable» (p. 57). A revelación, a confesión adquiren,

pois, pleno sentido. Agostiño, ademáis, introduce o amor, o corazón, e

Zambrano incide no anticlásico que resulta que a verdade penetre en

«cavidad tan obscura como el corazón humano», manifestando que

isto é posible porque Agostiño a máis de ser cristián é africano, achegando

a Europa a sabeduria da esquecida e relegada África. E ven a

nutrir a Europa achegándolle a sabeduría deste esquecido continente.

A oscuridade do corazón da conta do conflicto interior no que vive o

home, da incapacidade de distinguir entre aquel que se quere ser e

aquel do que se fuxe. Conflicto interior propio dun vivir entre dous

mundos. E así, a ansia histórica do home devén esixencia revolucionaria

dunha cidade ideal, querendo, dun lado, substantivizar os soños,

pero sabendo, de outro, que se trata de algo inalcanzable.

O discurrir de Zambrano non se detén, nen propón unha retirada

ao home interior, faise cargo da necesidade de construcción da

cidade, e da tensión e o conflicto. A conciencia humana e a convivencia

humana están interrelacionadas, dánse nunha multiplicidade

de tempos – a historia non é lineal senón esencialmente discontínua, o

tempo ten moitas dimensións e planos – Dende a perspectiva argumentativa

adoptada no texto que estamos a comentar, a historia non é,

non pode ser, máis que a historia dun fracaso, no o que o que propiamente

ten valor e o home que a impulsa, a esperanza que o move e que

move a historia, por máis que sexa irrealizabel. Agostiño é unha vez

máis o referente: a Cidade de Deus, paradigma de todas as cidades e da

cultura europea, a Cidade eterna que o europeo quere edificar aquí

abaixo. Na revolución como idea atopase o froito do querer construir

a Cidade de Deus no mundo. Esta é a raíz, sostén Zambrano, de todos

los «imposibles anhelos que llevaron a Europa a vivir en agonía, en

muerte y resurrección». Non sorprende, pois, que remate o seu escrito

resaltando que a máis grave enfermidade europea é a traición ao seu

utopismo revolucionario da resurrección:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!