04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A IDENTIDADE DE EUROPA 191

á praxis. Da deliberación racional, do diálogo que rinde contas, que da

razóns, que busca evidencias e verdades compartidas, ten que nace-la

verdadeira decisión, é dicer, aquela que tamén lles parece a todos ou a

maioría como a máis evidente e razonable a tomar. Unha deliberación

sustentada por unha mirada libre, fidel á verdade dos feitos e non ó

engano das apariencias; unha deliberación desapegada de intereses

particulares, que só se rixe polo xogo lóxico da razón e que ten como

telos o de procurar alcanzar evidencias e intereses comúns e compartidos.

Por iso é tan necesaria a paideia: só educando e formando homes

«razonables» a vida democrática é posible e ten sentido. O dokei= moi, o

«me parece», realizado por cada cidadán libre, é o lugar primeiro,

aínda que non o último, da evidencia e da verdade; o último é sempre

ese «nos parece» colectivo, intersubxectiva e comunitariamente descoberto,

acordado e formulado. O «me parece» particular é tan só a

ofrenda coa que cada individuo enriquece as evidencias da vida práctica

colectiva e colabora á realización do común e máis feliz destino

da cidade.

A episteme da filosofía grega, que, coido é, e a episteme de Europa

en canto cultura, atópase definida neste ideal teórico: o de orienta-la

vida, en canto coñecer e obrar, dunha maneira lóxica, é dicer, dacordo

ás exigencias que impón o logos, a razón, que é unha das moitas acepcións

deste rico e polisémico vocablo grego. Mais supuxo tamén algo

dunha trascendencia extrema para o futuro da organización social e

política da humanidade: que era mellor organizar e norma-la vida en

virtude da forza da razón e non en función da razón da forza. Sí, como

moi ben souberon os gregos, os argumentos soen acabar onde a

violencia empeza. O sistema democrático nacente confiábao todo á

capacidade dialogante, parlamentaria, argumentativa, dos seus cidadáns

libres; poñía o seu destino en mans do poder do logos, da razón,

para gobernar e arbitrar máis acertadamente a vida pública e todo

canto ela humanamente moviliza, incluidos, pois, os conflictos e a

violencia mesma; apelaba, en fin, á capacidade dos seus homes para

atopar entre todos, a través do exercicio deliberativo racional, a

verdade, o ben, así como as normas más axeitadas e mellores para

unha boa e fermosa vida en común.

Fernando, et al.; La democracia en sus textos, Alianza Editorial, Madrid, 1988, páx. 34.

É traducción recollida de: TUCÍDIDES; Historia de la Guerra del Peloponeso, Alianza Editorial,

Madrid, 1989). Sobre este primado do logos na vida grega, véxase: BONZON, S., et al.;

Le logos grec: mises en discours, Les Belles Letres, Paris, 1986.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!