04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

136

DIACRÍTICA

humana. Se o sistema de esperanzas e desesperacións se enreda, se

retorce entón devén a agonía do home, quen non sabe qué esperar. Con

Agostiño temos xa ao home novo e a esperanza, sen que se produza

unha ruptura coa esperanza antiga.

M. Zambrano oponse abertamente aos intentos de mirar cara a

Grecia con nostalxia. Non, calquera tempo pasado non foi mellor. Tamén

cuestiona aquela posición que proxecta no pasado as súas carencias.

A súa visión parte de que en Grecia se daba un pesimismo existencial,

onde a súa ansia de razón, e non a vocación para a vida, leva aos gregos

a descobrir a inmortalidade, a descobrir o Ser. Ser que é contrario

en certo modo á vida. A súa esperanza radicaba na razón e a filosofía

convertese no camiño da salvación. A esperanza cristián, sen embargo,

responde a outra desesperación, non se basa na razón. A razón, segundo

a nosa autora, non foi quen de enxendrar ao home novamente

e afirma que «la crisis del mundo antigo, bien puede llamarse la impotencia

de la Filosofía… Por el momento los filósofos non podían ser

padres.» (52-3). Agostiño será o Primeiro pai, o portador da nova

revelación. A vida, sostén, ten que sernos revelada xa que non estamos

acabados de facer. A novidade, o novo, a revelación, abre o camiño á

transparencia do corazón (lonxe, entendemos, do home natural rousseauniano),

restaura a dignidade perdida, aquela dignidade que

consiste en ser suxeito da sua vida. Zambrano aposta pola vida, polo

ser do que a vida é posibilidade, o conato (Spinoza está presente, máis

non o seu excesivo racionalismo que a autora critica). Neste contexto

toma sentido a Confesión xa que «más que ningún otro género literario,muestra

lo que la vida tiene de camino, de tránsito entre aquel

que nos encontramos siendo y el otro hacia el que vamos» (p. 54). É o

xénero apropiado para a revelación da vida, do saber acerca de sí, o

saber que é necesario se queremos nacer novamente, esa confesión,

entendemos que é unha sorte de diálogo interior que revela o camiño

entre os dous eus.

O home europeo, presentásenos, como dous: o eu na sombra e

o dos soños. Acadar a unidade na transparencia é posible neses momentos

nos que parece que de veras vivimos e somos. Compre facer

alusión a que son os momentos históricos e non as xeracións ortegianas

os que dan conta do cambio histórico. O momento histórico pode ser

una sinal de esgotamento dunha época, da ruptura dun período, onde

aparece algo verdadeiramente inédito ou semiesquecido, ou esquecido

totalmente. A revelación producese no momento histórico, e ainda que

sexa meramente humana, ten que encarnarse, corporeizarse para que

realmente modifique algo, por máis que se dé de forma intemporal ou

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!