04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

104

DIACRÍTICA

existencia dunha columna e mesa de mármore (que se acharía dentro

do monumento) con unha inscripción romana de carácter funerario,

pero a súa interperetación é ainda menos convincente 48 .

Agora ben, aceptada a identificación dos restos achados nesa

tumba cos de Santiago, xurdíu pronto a necesidade de «xustificar»

ante os peregrinos (ainda que non fose máis que para compensa-las

penalidades e sufrimentos do camiño) a presencia real do corpo do

Apóstolo. Posiblemente neste contexto xurde un dos primeiros textos

compostelanos propiamente ditos, a chamada Carta do papa León –

pseudoepígrafe que contén unha breve mensaxe na que o suposto Papa

se dirixe ós reis dos catro puntos cardinais para facerlles partícipes da

«inventio», argumentada a partir dunha traslación milagrosa desde o

porto de Jaffa ata a confluencia dos rios Sar e Ulla en Bisri (cecais

unha especie de sarcasmo pseudo-etimolóxico – observa M. Díaz –

respecto a antigua sede de Iria). Por unha especie de rapto marabilloso,

os discípulos que lle acompañaran, perden o corpo do Apóstolo,

para encontra-lo a doce millas onde está emprazada Compostela…

Esta carta, da que existen varias versións, e que recolle posiblemente

textos transmitidos por vía oral, non proporciona detalles sobre a

«inventio» en sí, porque se preocupaba sobre todo do problema da

traslatio. Por iso, surxiron outros textos complementarios, adaptados

ós recordos vivos no ámbito xacobeo, sobre as circunstancias da

«inventio» (circunstancias das que é un reflexo a pasaxe que transcribimos

da Historia de Galicia de Vicente Risco).

Paralelo a esta necesidade de identificación das reliquias ven a selo

proceso de configuración e consolidación de Compostela (M. Díaz

48 Se os datos históricos e arqueolóxicos non son –por de agora – convincentes,

tampouco o son as conclusións da Comisión científica constituda por dous catedráticos

de Medicina da Universidade de Santiago, para examina-los restos encontrados polo

historiador López Ferreiro, a instancias do Cardeal Miguel Payá y Rico (que os corpos

pertencen a tres esqueletos distintos de idades diferentes; que non é posible fixar con con

exactitude a antigüidade dos restos; que non parece temeraria a crenza de que ditos

restos pertencesen ós corpos do Apóstolo e dos seus discípulos). Sobre a base deste

informe, o Papa León XIII abriu un expediente canónico e nomeou unha Comisión constituída

por varios Cardeais; Comisión que, despois de diversas incidencias, respostou

respecto á cuestión xacobea: «afirmative, sed sententiam esse confirmandam». E o Papa

amosa a súa satisfacción polo achádego deste novo tesouro, nun tempo de impiedade,

na bula Omnipotens Deus (1884). Pero, que as bases no eran convincentes móstranno as

polémicas posteriores, entre elas, a mantida por Américo Castro e Sánchez Albornoz.

As excavacións realizadas a partir de 1943, e proseguidas máis tarde, tampoco despexaron

as dúbedas, ata o momento.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!