04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

196

DIACRÍTICA

único e común destino, unha única e común historia: non só a que

abrangue á nosa especie, senón o conxunto das especies vivas do

planeta, pois o home impuxo pola súa extrema forza e vontade de

poder e dominio sobre a terra unha única e destructiva historia. Hai

alguns anos alertaba eu sobre a necesidade dun pensamiento e dunha

ética universalistas 13 que tivesen como centro das súas preocupaciones

e reflexións a dimensión ecolóxica da vida. Pensaba que era na

crise ecolóxica, que non coñece fronteras e que afecta á vida xeral

deste planeta que a todos sostén, onde mellor podiamos observar que

somos xa unha soia humanidade e que compartimos unha común

e única historia; onde mellor podiamos percibi-la necesidade dun

pensamiento non único, senón común; dunhas verdades e valores

non impostos pola forza, senón descobertos por unha razón libre e

compartidos por unha vontade tamén comúns; reivindicaba alí, en fin,

a necesidade de crear entre todos unha humanidade nova que habitase

máis amorosa e ecolóxicamente a Terra.

A filosofía é un pensamento non étnico, un saber que ten vocación

de validez universal. Pensamento non tributario da tradición, do

costume e da convención, senón suxeito tan só á naturaleza e esixencias

da propia razón. Tanto o saber filosófico como o saber científico

son saberes que teñen a propiedade particularísima de pretender ser

válidos para todos: os seus criterios de verdade, a comprobación ou

verificación dos seus conocimentos, non aparecen ligados a formas

culturais particulares, a condicións, principios ou prácticas dunha

determinada forma de vida étnica ou histórica concreta. Por iso creo que

tanto a filosofía como a súa filla, a ciencia, que compoñen a alma que

anima todo o corpo da cultura europea, puideron transmigrar ós

corpos das outras culturas, nun proceso de metempsicosis espiritual

de alcance xa planetario e que se segue a dar sen necesidade de ocupa-

13 Na obra O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, escribía: «Frente a esta ética

hedonista de «disfrutar duno mesmo», nós propoñemos rescatar una ética tamén

clásica: aquela vella ética dos gregos que propoñía «cuidar de sí mesmo», pero entendida

nun sentido máis amplo, porque pensamos que hoxe o coidado duno mesmo pasa polo

coidado da Natureza, por pastorear esta Terra que nos amamanta y lleva. Esta moral

ecolóxica no é unha moral que apele a un mandato o un deber, senón unha moral que

promove a virtude… (¡Qué desprestixiada está hoxe esta verba, ¿verdade?!), a virtude de

coidar de si mesmo e da creación enteira. Virtude de alcance, pois, universal; por

iso declaramos que na ética ecolóxica a razón moral alcanza a súa completa madurez.»

(Cfr. RODRÍGUEZ RIAL, Nel; O planeta ferido, Editorial Novo Século, Iria Flavia, 1990,

páx. 145).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!