04.07.2013 Views

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

Revista (PDF) - Universidade do Minho

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

SOBRE LA AGONÍA DE EUROPA DE MARÍA ZAMBRANO 131

Hoxe sabemos que non, que non será a última. Mais Zambrano

refírenos a súa perplexidade e angustia como filla, como europea, e

como «empezó así a sentir lo que es una agonía» a da súa nai e a de

Europa mesma, a sua nai na historia, a súa patria irrenunciabel. Pero

que significa agonía: «Agonizar es no poder morir a causa de la esperanza»

17 . Ante a traxedia europea exclama «¡Otra vez a esperar!». Para

ela a esperanza é o sentir orixinario, o conatus, a conformación

humana da realidade, unha maneira de ansia vital. Hai que esperar,

pois, que Europa renaza e para iso é preciso saber as causas da sua

agonía, do diagnóstico dependerá o pronóstico.

A sua reflexión sobre a agonía de Europa comeza constatando

que «desde hace bastantes años se repite: Europa está en decadencia.

Ahora ya no parece necesario el decirlo» e non parece necesario decilo

expresamente, denuncia Zambrano, porque se adopta un xeito

de divulgación humillante, o que corresponde a un segredo a voces.

Entendendo que os tempos de desastre amosan crudamente a realidade.

O resentimento, o culto ao éxito son parte das causas da agonía

pero non dan conta de todo. O Naturalismo que se impón fronte ao

heroico idealismo e o Liberalismo progresista van contribuir de xeito

decisivo a enredar ao pensamento europeo ata dar renda solta ao

terror, ao medo e á confianza. A crítica ao Naturalismo arranca da idea

de que o home europeo, dende Grecia, non se deixou influenciar polos

feitos, pola servidume aos feitos, ao dado, ao inmediato: «La genialidad

de Europa parecía consistir, en gran parte, en la capacidad de

desasimento de la realidad» (p. 11). Agora non se vai na busca da

verdade, perdese o poder de abstracción, imperan os feitos e a pasividade

que produce un «combate material e bárbaro», pois, dinos: «Falta

el heroismo mejor. Y en este instante de bélico desate, falta la agresividad

más fecunda y noble, la de no aceptar, sin más, el empuje de lo que nos

viene de afuera» (p.12). O dominio da natureza, o monstruo da natureza

estaba paralizado, a Ciencia vaise afirmando, enche ao home

europeo de fatuidade, de excesiva confianza no mundo, de vanidade.

Tralo monstruo da natureza xurde outro ainda máis pavoroso: o

novo monstruo do social, dotado de vida misteriosa, posto que é vida

humana, e para o que non se ten o suficiente coñecemento para domeñalo.

O liberalismo progresista, a xuizo de Zambrano, non só é cómplice

do naturalismo senón que vai dar un paso máis, pois se éste xera

unha confianza fatal cara a natureza, aquel fará o mesmo respecto da

17 Ibid, p. 243-4.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!