11.07.2015 Views

t9XQX

t9XQX

t9XQX

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O papel dos manuais didáticos e das mídias educativas2005). Igualmente, e se atendemos a algúns estudios precedentes (Mareque León, 2012), podemosobservar que unha parte da actividade dos responsábeis de departamentos de educación municipais edos presupostos destes departamentos de educación dedícase aos deseño e á avaliación de materiasdidácticos.Escasa tradición de investigación. Tal e como analizaremos posteriormente, trátasedunha realidade moi pouco estudada e analizada.Competencias dos municipios. Unha revisión detida das principais competencias quedeben atender os municipios (véxase por exemplo Caballo, 1997 e 1999), permítenos constatar que aLei Reguladora de Bases de Réxime Local (Lei 7 de 1985) contempla competencias educativas deobrigado cumprimento e competencias educativas optativas; neste segundo caso atoparíanse todas asaccións políticas destinadas á creación de materiais didácticos e recursos educativos. En relación conesta cuestión, parécenos interesante coñecer en que medida as políticas de creación de materiaisdidácticos se ven influídas polo desenvolvemento deste tipo de competencias e a consecuente falta definanciamento específico.Análise do enfoque didáctico dos materiais. Se atendemos a algúns traballos previos(véxase por exemplo Area, Parcerisa e Rodríguez, 2011), podemos observar que o interese polo estudodos materiais financiados por entidades municipais, encóntrase parello á necesidade de estudar o queacontece cos materiais producidos nos contextos sociocomunitarios. Neste sentido, nun traballorelativamente recente (Rodríguez, 2010, 31-32) poñíase de relevo quela participación de otras instituciones en el proceso educativo, el importante espacioeducativo generado por la educación social, el papel otorgado y que debe tener ladidáctica en la configuración de lós escenarios de enseñanza-aprendizajedesarrollados en los diferentes contextos y la existência de nuevos âmbitoscomunitários donde tienen lugar actividades educativas, conlleva la necesidad deanalizar y reflexionar sobre el sentido y significado de los materiales em losdiferentes escenarios profesionales.Diversidade de formato e destinatario. Atendendo á tipoloxía de materiais publicadosna realidade galega e ás características que posúen, observamos que presentan unha importantediversidade en canto ao seu formato e ao seu grupo destinatario. Neste sentido, podemos atoparnoscon materiais financiados por entidades locais que ben poden estar dirixidos para a escola (véxase, porexemplo, Abalo González e outros, 1995; Castro Beizana, 2000; Fuentes Abeledo e GonzálezSanmamed, 1989; Taboada Pérez, 2011), ou ben materiais que presenten como destinatariosfundamentais colectivos de adultos, museos, centros de animación sociocultural, centros de turismo,entre outros (véxase, por exemplo, Lema e Fernández, 2000; Fernández Bello e López Ferro, 2009).Outro aspecto ao que cómpre prestar especial atención céntrase en analizar como se están empregandoos materiais didácticos producidos e financiados polas entidades locais. Cómpre ter en conta queestamos a referirnos a materiais que en liñas xerais presentan un espectro amplo de destinatarios emoitos dos escenarios de uso e consideración son moi diferentes aos estritamente escolares.Diversidade de autores. Os materiais creados nos contextos educativos municipaisestán deseñados por profesionais vinculados a diferentes áreas de coñecemento. Ademais de mestres,educadores sociais ou pedagogos que teñen unha formación didáctica, non resulta estraño que nosatopemos, con autores dos materiais didácticos e recursos educativos creados polas administraciónslocais que foron elaborados por historiadores, biólogos, lingüistas e outros perfís profesionais que nonteñen inicialmente unha formación didáctica. Nun principio, poderiamos dicir que esta confluencia ouparticipación de profesionais nos procesos de elaboración de materiais podería ter repercusiónspositivas en canto á mellora dos procesos de elaboración dos materiais didácticos, supoñendo unhamagnífica oportunidade para o desenvolvemento profesional dos posíbeis participantes no proceso. 16Non obstante, e tal como se ten posto de relevo nalgún dos materiais producidos polos concellos e queanalizamos, non deixa de detectarse nalgúns casos a inexistencia dunha formación de carácter16 Para afondar nos procesos de desenvolvemento profesional pode consultarse por exemplo os traballos de Cantarero Server,2000; López Hernández, 2007; Martínez Bonafé, 2004 e Montero e Vez, 1992.75

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!