11.07.2015 Views

t9XQX

t9XQX

t9XQX

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Desafios para a superação das desigualdades sociaisA investigación empírica organízase en tres fases. A primeira fase busca identificar opanorama xeral de administracións locais da provincia da Coruña que apoian a creación de materiaisdidácticos (cantidade, continuidade). O resultado desta primeira fase é un Catálogo de materiaisdidácticos producidos con apoio da administración local na provincia de A Coruña, destinado aosprofesionais da educación nos ámbitos escolar, social e empresarial co obxectivo de facilitarlles aprocura de recursos educativos e materiais didácticos elaborados polos concellos da provincia daCoruña, para o cal contamos cunha mostra formada polos noventa e catro concellos da provincia daCoruña cos que se ten contactado para localizar información sobre a súa produción e apoio á creaciónde materiais didácticos. Para poder proceder a esta indagación consideramos oportuno contactar coaspersoas que poderían ter responsabilidades nos procesos de planificación, deseño, produción edivulgación dos recursos educativos e materiais didácticos nos concellos e nas institucións educativasmunicipais, tales como centros escolares, museos e bibliotecas, da provincia da Coruña. Para localizaresta información contactouse a través de correo electrónico e telefonicamente e acudiusepresencialmente ás institucións das que se obtivo resposta.Na segunda fase preténdese indagar sobre as políticas de creación de materiais, modelos dedeseño, discursos e recursos que os concellos destinan á elaboración de materiais didácticos a travésde dúas enquisas (unha dirixida aos concellos que nunca teñen creado materiais didácticos ou recursoseducativos e outra aos concellos que si teñen creado materiais didácticos ou recursos educativos).Neste caso contactarase cos responsábeis políticos dos noventa e catro concellos da provincia daCoruña.E unha terceira fase que se realizará mediante estudo colectivo de casos (escolleranse arredorde 6 administracións locais), tomándose como mostraxe a informantes chave internos e externos aoscasos tales como autores, editores e políticos. Tamén se realizará unha análise dos materiais didácticoselaborados a través dunha adaptación das propostas de guías de avaliación de recursos educativos elibros de texto elaboradas por Martínez Bonafé (1995) e Parcerisa Arán (1996).4 FICHA DE CATALOGACIÓNNo momento de redacción desta comunicación atopámonos desenvolvendo a primeira fase doestudo empírico cuxo obxectivo, como xa foi indicado, é a elaboración dun catálogo de materiaisdidácticos e recursos educativos elaborados polos concellos da provincia da Coruña 17 . Para realizareste catálogo elaborouse unha ficha de catalogación a través da cal rexístranse todos os recursoseducativos e materiais didácticos (tanto en formato impreso como dixital) planificados, deseñados,publicados e/ou difundidos polas administracións locais da provincia da Coruña. Para a elaboracióndesta ficha de catalogación revisáronse os parámetros empregados nos recursos de catalogación daRede de Bibliotecas de Galicia e da Biblioteca Universitaria de Galicia e tivéronse en conta traballosprevios que poidan orientar a catalogación de recursos (Rodríguez e Mariño, 2010).Con estas referencias decidiuse elaborar a ficha de catalogación que conta con dous bloques deinformación diferenciados: ficha técnica do material e breve descrición do contido do material. AFicha Técnica do Material recolle datos que permiten identificar e localizar o recurso: o título dorecurso, a autoría, o ano de edición, a editorial, o(s) idioma(s) no(s) que está publicado, o formato, ogrupo destinatario, o código de identificación internacional ou nacional, a localización e unha imaxeda portada.A ficha de catalogación do material continúa cunha Breve Descrición do Contido do Materialque recolle aquela información que vai permitir aos potenciais usuarios do material didáctico ourecurso educativo decidir se é ou non acorde aos seus intereses. Os descritores son claves deidentificación (elabóranse coa intencionalidade de realizar un catálogo virtual no que sexa cómodobuscar por este tipo de identificadores, se ben tamén resultan interesantes nun catálogo impreso) eforon estruturados en tres categorías: 1) identificar a intencionalidade educativa (distinguindo entrematerial didáctico, recursos educativo e elementos susceptíbeis de uso educativo); 2) identificar o tipode recurso (libro de texto, guía didáctica, roteiro, fichas...); e 3) identificar o territorio de referencia ou17 A Deputación Provincial da Coruña, a través da convocatoria 2011 de bolsas de investigación financiou esta fase doestudo.78

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!