12.07.2015 Views

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

José Augusto Ventín Durán. Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral1.1.4. Etnógrafo descoñecido¿Como é que un home destas características aparentemente non tiña relación con ninguéndo mundo da cultura galega? Se cadra, este anonimato é mal do xénero: unha colección derefráns, de cantigas ou de contos nunca se considera completa e rematada e isto facilitaque non chegue a editarse, co que o traballador pode vivir e morrer sen que o que hoxeentendemos por mundo da cultura chegue a saber del. Tamén foron moi poucos os quechegaron a saber do comandante Vicente Llópiz Méndez que deixou rematado un moiimportante refraneiro.Pero ¿cómo é posible que, redactando a súa obra entre 1933 e 1942 a poucos km. dePontevedra e de Vigo, el non entrase en contacto con xente que tiña preocupaciónssemellantes? Foron anos difíciles e non sempre estaba en Galicia: ía e viña con frecuencia,como xa dixemos, quizais fuxindo da crispación perigosa que aquí se vivía 7 . Aínda que elfoi un inmigrante integrado na cidade brasileira que o acolleu, a súa obra falainequivocamente de que lado estaba o seu corazón 8 .Os seus sobriños Daniel e Aurelio Curujeira Ventín din que politicamente era máis tirado áesquerda pero que nunca lle coñeceron militancia partidaria. De feito un dos artigos dosestatutos da Sociedade de Moscoso, que el redactou, prohibía discutir alí de relixión e depolítica. Disque unha vez lle concedeu ó alcalde lerrouxista de Pazos de Borbén, EnriqueDomínguez, o apoio que este lle pedira pero que non se implicou máis. Na súa bibliotecahabía probas de que lle interesaba o libre pensamento (tiña a revista republicana eanticlerical La Traca) pero simultaneamente escribiu un comentario da Salve, hoxe perdido,que a súa nora lembra que era mesmo emocionante. Literariamente era devoto de Rosalíae de Curros, anota diversas viñetas de Castelao, cita eloxiosamente a Álvaro das Casaspero, tratar, parece que só tratou a Bouza Brey, como testemuña comentando o refrán497, a quen visitou algunha vez na Estrada e a quen en definitiva foron parar os seusmanuscritos, que este depositou na Real Academia Galega e que agora editamos.1.1.5. Galicia no contexto portugués e brasileiroComo se verá, as longas estadías de Ventín Durán no Brasil non só o converten noprimeiro etnolingüista galego que coñece en vivo o corpus etnolingüístico portugués ebrasileiro (1.4.1.8.10) senón tamén o primeiro que practica unha aproximación ortográficaque por veces se parece ó que hai uns anos se chamaba de mínimos (1.7.1.2).Con todo, é inevitable recoñecer que esa aproximación ortográfica que, no caso del, podíaser total sen problemas, non chega a producirse nunca; e recoñece como modelo o galegode Álvaro das Casas. Ventín ten tan clara a proximidade do galego e do portugués coma aorixinalidade do material galego e mesmo da personalidade galega no contexto lusófono.No prólogo do refraneiro defende a personalidade orixinal da cultura galega entre Castelae Portugal con estas palabras:7 Sábese que algúns dos sublevados foron a Moscoso en busca del, disque, para lle esixir diñeiro.8 A súa filla Ilda lembra que, falando de patriotismo, el dicía: Bo patriota son eu, que nunca quixen leva-losmeus fillos fóra do meu país.Cadernos de Fraseoloxía Galega, Anexo 1, 2007. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Real Academia Galega.XXI

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!