12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

grao de desenvolvemento económico dun país determina as súas posibilidades

de soster unha democracia. Así, por exemplo, e ante a amenaza de procesos

rupturistas e radicais como o cubano, o Goberno de John Fitzgerald Kennedy

puxo en marcha, en 1961, a Alianza para o Progreso, un programa de axuda

ao desenvolvemento económico e institucional dirixido a Latinoamérica. Este

programa administrou un importante orzamento –proveniente de capital privado

e público–, que distribuíu maioritariamente o recén creado Banco

Interamericano de Desenvolvemento de acordo co grao de adopción de

reformas económicas e sociais por parte dos gobernos destinatarios. Estas

políticas debían procurar o crecemento económico e mais unha maior

lexitimidade e estabilidade políticas. 139

O repertorio canónico: características e crítica

A loita pola conservación do sistema: unha breve historia do funcionalismo

Un dos dous elementos centrais do repertorio canónico que se conforma e se

canoniza nas ciencias sociais dos anos trinta a sesenta do século XX é o

funcionalismo (ou estruturalismo, ou estrutural-funcionalismo, ou

harmonicismo). Gouldner (1970, esp. 136-163, 233-247 e 306-311) ofrécenos

un percorrido pola historia deste elemento do repertorio canónico –ligado

basicamente á figura de Parsons 140 – que imos recrear brevemente.

O crash económico da década dos anos trinta do século XX e mais a

ameaza do poder comunista puxeron en perigo as sociedades industriais

avanzadas. Para manter a adhesión aos valores dunha sociedade que se

quería manter unida e en orde, as elites estimaron preciso atopar un substituto

das fontes económicas de integración social, dado que as gratificacións cotiás

eran xa imposíbeis e as privacións estaban xeneralizadas. Como as políticas

sociais do New Deal eran contrarias á cosmovisión conservadora, Parsons

propuxo que ese substituto fose o compromiso moral individual, é dicir, a

vontade e a lealdade individuais, que tiñan a vantaxe de non cuestionar as

100

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!