12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

que as probas da existencia de Xesús dependen dunha documentación fiábel

do século I, da que non se dispón, o que nos condena a unha fatal ignorancia.

Con todo, e malia as dúbidas razoábeis acerca da vida do personaxe, o Xesús

histórico é amplamente considerado como críbel. Despois de todo, non son

poucas as persoas cuxa existencia non se discute e das que, porén, non fican

pegadas historiográficas. E tamén é certo que o presunto Xesús histórico é a

figura da que os manipuladores dos evanxeos chamados sinópticos (os dos

autores de Mateo, Marcos e Lucas) se viron forzados a partir; no canto de

crearen un personaxe ex novo, tiveron que realizar un gran esforzo, a través de

diversas adicións e supresións de textos, para procurar cohonestar os actos

coñecidos do nazareno co mito que pretendían construír. En todo caso, xa sexa

unha figura mítica ou real, Xesús de Nazaret –entre cuxos seguidores non

había nin sacerdotes nin puritanos do fariseísmo– pode ser retratado como un

xudeu laico que se enfrontou a un poder sacerdotal que non dubidou en acudir

ás autoridades romanas para desfacerse del por alterar gravemente a orde

pública.

Que pensaría aquel axitador político chamado Xesús de Nazaret cando,

durante o mandato do prefecto romano Poncio Pilatos –entre os anos 26 e 36–,

estaba, de xeito inesperado, a piques de morrer crucificado en Xerusalén por

sedicioso? Hai razóns para crer que Xesús debeu de percibirse a si mesmo

como unha figura mesiánica propia da tradición xudía, é dicir, como un rei

unxido enviado por Iavé para liberar o pobo elixido da dominación estranxeira,

restaurar o reino de Israel e traer a paz e a xustiza. Neste caso, é probábel que

pensase que o reino teocrático era inminente. Así, no “Evanxeo segundo san

Marcos” pode lerse esta significativa alusión escatolóxica atribuída a Xesús:

“Tende por seguro que algúns dos aquí presentes non han morrer sen veren

antes chegar o Reino de Deus con gran poder”. 3 Se esta era a opinión de

Xesús, obviamente estaba nun erro, porque Iavé non cumpriría o seu pacto co

pobo de Israel. O que, sen dúbida ningunha, non podía imaxinar o nazareno

era que o seu nome ía estar ligado a algo tan sacrílego e blasfemo como era o

nacemento dunha nova relixión afastada do estrito monoteísmo xudeu e que

coñecería unha sorte política extraordinaria que chegaría con forza até os

nosos días.

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!