12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

emedio que deixe intactas as estruturas sociais que producen a miseria. O problema é que a

práctica relixiosa, que desde logo adoita lexitimar os sistemas sociais inxustos, tamén opera

como un factor de cambio social, mesmo revolucionario. De aí que a afirmación de que a

relixión é necesariamente alienante sexa cientificamente insostíbel por reflectir a práctica

relixiosa dun xeito parcial. A etioloxía deste erro atópase na extralimitación teórica do

marxismo, que, lastrado polo seu complexo de superioridade racionalista e ateísta, pretende

tamén abordar a esencia ou a natureza da relixión, no canto de limitarse á súa función social,

que é a que lle corresponde como ciencia. Segundo Álvarez Espinosa, a afirmación ou a

negación da existencia dunha divindade non é unha cuestión científica, senón metafísica.

321 4

Mannheim (1997 ), de feito, resérvalle o concepto de utopía ás orientacións dos grupos

oprimidos que pretenden destruír ou transformar a orde existente nun momento histórico

determinado.

322 2

Sobre Botti, 1993 , v. capítulo 13.

323

V. Jerez Mir, 1993, 49-50.

324

V. Fukuyama, 1992, 1999 e 2001.

325

V. Ramonet, 1995.

326

Para unha brillante defensa do concepto de mentalidade, v. Linz, 1978b, 16-20.

327

Flessau (1979, 51-60), que estuda o sistema educativo nacionalsocialista, aínda se apoia en

Geiger cando se achega ao concepto de ideoloxía. Pola contra, González Beramendi (1999,

109-110), na súa caracterización da mentalidade como ideosistema totalizante (v. supra), omite

calquera referencia a Geiger e observa que se trata dun “concepto impreciso, nacido de la

evolución de la escuela de Annales [...]. En realidad denota en unos casos la ‘cultura popular’ de

los etnógrafos y en otros lo que podemos llamar ‘cultura de clase’ (mentalidad burguesa, por

ejemplo)”. A marxinalidade de Geiger no campo da ciencia social é evidente. Geiger é ignorado

mesmo por Laurin-Frenette (1993 4 ) cando estuda a socioloxía funcionalista da estratificación

social.

328

Para un estudo da socioloxía da estratificación de Geiger, v. Geißler, 1985.

329

Dahrendorf (1990, 102-103) atopa un interesante exemplo da teoría de Geiger no caso do

Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán. Este partido recibiu o apoio dos oficinistas, que en

moitos aspectos prácticos eran como os traballadores, pero que amosaban unha mentalidade

sociopolítica característica que os levou a apoiar un partido tan oposto ao dominio do capital

como á revolución proletaria.

330

Fernández de la Mora, ao que nos referiremos seguidamente, entende, segundo indica

González Cuevas (1989, 96), que a democracia orgánica é superior ao sistema democrático

liberal: explica racionalmente o feito social e representa mellor os intereses sociais (sen os

perigos inherentes á dexeneración partitocrática).

Para González Beramendi (1999, 146-147), os fascismos constitúen claramente un tipo de

ideoloxía política. Na caracterización que este autor fai do fascismo hai moitos elementos que

serían de aplicación ao réxime franquista: o tradicionalismo, a concepción organicista e elitista

da historia, a negación do individualismo político liberal, a consideración da nación –organismo

supraindividual xerado pola historia e definido sobre todo pola raza– como o axente histórico

principal, a violencia como instrumento ordinario da acción política, o antiparlamentarismo, a

prohibición dos partidos políticos e dos sindicatos obreiros, a ditadura do partido único guiada

por un líder –un superhome dotado de cualidades excepcionais–, etc.

331

Varela Suanzes-Carpegna (2006, 40) descríbeo como “quizá el más agudo intelectual

franquista”. Sobre Fernández de la Mora, v. González Cuevas, 1989, Hermet, 1980, 115-117, e

Tusell Gómez, 2002. Moi influído polas obras de Ramiro de Maeztu e de Ortega y Gasset (e

admirador e amigo do nacionalsocialista católico Carl Schmitt, o célebre e controvertido xurista

e filósofo da política alemán), Fernández de la Mora (Barcelona, 30 de abril de 1924 – Madrid,

10 de febreiro de 2002), cuxa nai era galega, procurou novas vías de lexitimación do réxime

franquista a partir dos anos sesenta do século XX. Para iso elaborou un dos discursos

ideolóxicos máis consistentes do desarrollismo tecnocrático, cuxos ingredientes son o

tradicionalismo renovado –no que o compoñente católico, tras o Concilio Vaticano II, se valora

con desconfianza–, o autoritarismo e a modernización económica, técnica e administrativa, sen

concesión ningunha nos ámbitos da liberdade e do pluralismo. Para Fernández de la Mora, os

modelos liberal-democrático, socialista e totalitario son inaxeitados para unha sociedade

desenvolvida. Coautor da Ley Orgánica del Estado de 1967, foi nomeado ministro de Obras

Públicas en abril de 1970 e mostrouse radicalmente contrario a calquera tipo de aperturismo.

Durante o que no capítulo 17 chamamos subproceso formal de transición política integrouse en

789

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!