12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

liderada por Wojtyła –que ofrece a ética católica como alternativa á pretendida decadencia da

ideoloxía secular–, a igrexa católica reacciona contra o optimismo do Concilio Vaticano II e lle

“pone fin a los titubeos de un ‘posconcilio’ durante el cual numerosos católicos se han interrogado

sobre su identidad, desorientados por una ‘puesta al día’ de los ritos y la doctrina que no siempre

han comprendido, y en un momento en que en la sociedad secular se produce la agitación de los

movimientos de 1968”.)

O conservadorismo da Curia constatouse na súa tallante oposición ao casamento dos curas, á

ordenación das mulleres, á contracepción, ao divorcio, á fecundación in vitro, á discrepancia

teolóxica, á autonomía das conferencias episcopais –Xoán Paulo II acabou coa autonomía destes

órganos encargados de adaptaren o discurso católico ás situacións políticas, económicas, sociais

e culturais nacionais–, ao achegamento da igrexa católica latinoamericana ás clases populares. A

igrexa católica é particularmente intransixente e represora verbo da teoloxía da liberación, que

considera moi perigosa pola súa denuncia sistemática das estruturas de dominación e de

opresión. A súa moral sexual segue a insistir con máis forza e vehemencia que nunca na ilicitude

do divorcio, das relacións non matrimoniais, da contracepción, do aborto, da fecundación in vitro,

etc. Esta moral tamén insiste na castidade no interior da igrexa católica.

O enfrontamento entre as dúas correntes internas da igrexa católica –a tradicional, maioritaria, e

a progresista– saldouse a favor da tendencia conservadora. Na súa ofensiva ideolóxica, Roma

escolleu España como laboratorio, dado o enfrontamento entre a Compañía de Xesús –

considerada progresista, defensora da teoloxía da liberación– e o ultraconservador Opus Dei.

(Parece que o Opus Dei non foi alleo á elección de Karol Wojtyła como papa. En todo caso,

este non tardou moito –concretamente até o ano 1982– en concederlle á orde o rango de

prelatura persoal, que lle garante a total independencia de calquera autoridade eclesiástica que

non sexa o propio papa. Ynfante [2004, 64] apunta que Wojtyła coñeceu os máximos dirixentes

do Opus Dei durante o Concilio Vaticano II. Tras a súa elección como papa, Wojtyła elevou a

Escrivá de Balaguer á santidade “con el método de la turbosantidad”.) E a Santa Sé elixiu

precisamente o Opus Dei para esta misión de conquista e de reconquista. O resultado da política

de caza de bruxas que se desatou contra os sectores católicos progresistas foi o aumento do

poder do Opus Dei e a perda de influencia da Compañía de Xesús. A partir dos anos oitenta,

redes moi organizadas como o Opus Dei, Renovación Carismática ou Comuñón e Liberación,

que se caracterizan polo seu activismo, o seu proselitismo e a súa obediencia única ao papa,

impuxéronse na paisaxe militante católica europea. E, ademais, medran e participan moi

activamente na ofensiva mediática vaticana.

Algunhas destas organizacións convertéronse en grupos de presión dentro da propia igrexa

católica: teñen un enorme volume de negocios, controlan sectores editoriais e de prensa e

posúen unha gran capacidade de mobilización social. O Opus Dei, por exemplo, é unha

auténtica elite relixiosa, intelectual e financeira que medra e ocupou postos de alta

responsabilidade no contorno da Curia romana durante o papado de Xoán Paulo II. Os

democratacristiáns e o propio papa vense obrigados a contar con estas organizacións.

Exemplos típicos de ofensivas conservadoras nos países occidentais son as campañas contra

o aborto e contra a eutanasia, que teñen no punto de mira tanto as conciencias dos individuos

como as lexislacións estatais.

A ofensiva ideolóxica lanzada por Karol Wojtyła tivo, segundo Cuenca Toribio (1985, 144) unha

consecuencia pouco mencionada: “El tournant de la diplomacia vaticana tras el acceso de

Woytilja [sic] al pontificado motivó un endurecimiento de posturas eclesiásticas a lo largo de

1980, factor que serviría de concausa para la dimisión del presidente Suárez”.

A propósito dos teólogos, que mencionamos en varias ocasións nesta nota cando nos

referimos á teoloxía da liberación, Bourdieu e Saint Michel (1982, 25-28) observan que poden

(a) traballar ao servizo do episcopado, ou ben (b) actuar con independencia do poder relixioso,

co que se poden converter en competidores dos “détenteurs du monopole de l’imposition et de

l’inculcation religieuses légitimes”, é dicir, en verdadeiros subversivos, en adversarios políticos

que deben ser combatidos por todos os medios. Paradoxalmente, estes perigosos opositores

que, situados na periferia do campo relixioso, producen unha teoloxía de vangarda, poden, en

caso de crise, “servir au rétablissement de l’ordre ancien ou à l’instauration d’un ordre nouveau,

intégrant la contestation hérétique dans une orthodoxie régénérée”. Isto foi precisamente o que

sucedeu no Concilio Vaticano II, que lle deu carta de natureza a moitas teses até daquela

condenadas e censuradas.

En definitiva, a involución ideolóxica romana puido ter maiores consecuencias no proceso

constituínte español, como constataremos ao final deste capítulo cun testemuño de Martín

869

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!