12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

o marco histórico estrutural lles impón ás decisións dos actores en conflito

durante unha transición, os modelos do repertorio canónico non son quen de

disimular o seu carácter determinista e ahistórico.

7. Os modelos canónicos negan que a ideoloxía sexa un elemento constitutivo

dos réximes autoritarios, até o punto de que un dos catro trazos básicos destes

réximes é precisamente a desideoloxización. A ideoloxía enténdese como un

fenómeno difuso e intranscendente, así que é preferíbel a idea dun

condicionamento psicolóxico da persoa polo seu contorno social máis

inmediato. Porén, e con independencia de que a ideoloxía se conciba como

unha conciencia falsa que lexitima a dominación política ou como unha fonte de

lexitimidade da que todo grupo está necesitado para explicarse a si mesmo,

para cohesionarse e para racionalizar as situacións de poder das que participa,

negar que o franquismo tivo unha ideoloxía significa ignorar que son

precisamente as ideoloxías, é dicir, os sistemas colectivos de ideas e de

conceptos, as que organizan as crenzas e reúnen o grupo ao redor daquelas

actitudes e daquelas prácticas que, máis alá dos conflitos de interese, reforzan

a orde social e posibilitan a realización dos obxectivos compartidos. Esta foi

xustamente a función do nacionalcatolicismo, unha ideoloxía articulada ao

redor da unidade de España e da democracia orgánica de raíz corporativista

católica co obxecto de vertebrar os fragmentos ideolóxicos particulares de cada

unha das familias do réxime franquista.

Sexa como for, o certo é que, no modelo canónico, os réximes

autoritarios carecen dunha ideoloxía. Os outros tres trazos básicos destes

réximes son o pluralismo limitado, a desmobilización e o liderato político, o que

significa que é a través de distintas canles controladas pola dirección política

como é posíbel acceder a unha elite heteroxénea pero leal, cuxa cohesión se

ve favorecida pola apatía política. O réxime ditatorial franquista, unha vez

subsumido no tipo dos réximes autoritarios, caracterízase como un réxime

paternalista, benévolo, tolerante e preocupado pola orde e pola estabilidade,

lonxe de calquera parentesco co fascismo. Na medida en que responde ao

formalismo funcionalista do modelo canónico, esta descrición do réxime de

Franco é ahistórica, é dicir, non permite identificar os intereses de clase

670

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!