12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Goberno de España–. O réxime despótico estaba morto, pero mentres algúns

seguían a soñar coa revolución, Clío, a musa da historia, portábase como unha

boa alumna e redactaba aplicadamente unhas liñas escritas cunha caligrafía

clara, recta e exemplar.

A recepción do modelo corporatista

Tamén Garcés (1996, 212-213) se fixa no mantemento do statu quo

socioeconómico como elemento da reforma política (que se complementa co

elemento estratéxico, que vimos supra neste mesmo capítulo). Os

protagonistas da transición política foron persoas vinculadas ao réxime

franquista (Adolfo Suárez, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodolfo Martín Villa,

Francisco Fernández Ordóñez, Manuel Fraga Iribarne, etc.) que procuraron “la

continuidad de las estructuras del sistema socioeconómico anterior. [...]

Después de 1975 innovar en los medios era funcional para preservar los fines,

el orden social construido después del derrocamiento del sistema democrático

republicano en 1939”.

Giner e Sevilla-Guzmán (1980, 221-227) matizan que, aínda que a

metamorfose política acadou o seu obxectivo de garantir a hexemonía de clase

do establishment franquista (ou ex-franquista), non se debe reducir a dimensión

política da estrutura social á súa dimensión de clase. 874 A constatación de que

a dominación de clase persistiu non pode facernos esquecer que esta

dominación xa non é despótica: os sectores hexemónicos da sociedade teñen

que recorrer á autorización parlamentaria para implementar os programas

gobernamentais, alén de satisfacer as arelas da opinión pública. A aceptación,

por parte do establishment franquista, das regras democráticas, a

profesionalización da política e mais a moderación dos partidos socialista e

comunista (que abandonaron, respectivamente, o marxismo e o leninismo)

garantiron o éxito da nova fórmula política, que, dados o desenvolvemento

económico e a nova estrutura social, non podía máis que ser similar á do

contorno europeo occidental. A característica principal do modelo dominante de

comunidade política era o corporatismo, é dicir, a presenza social hexemónica

530

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!