12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

conflito de intereses entre distintos grupos que compiten polo poder e gozan da

confianza do líder ou dos líderes. Polo tanto, a elite autoritaria non é

homoxénea. Con todo, a existencia dun grupo sempre vai depender da

decisión dos gobernantes. 192 En realidade, e como apunta Hermet (1980, 332),

a marxinación política das classes dangereuses vai en paralelo coa asunción

das demandas e a aceptación dos apoios dos grupos que non representan un

perigo para o sistema estabelecido.

Seguindo o modelo canónico de Hermet (1973 e 1980, 344-355), á

igrexa católica correspóndenlle, nun réxime de pluralismo limitado, as seguintes

funcións: a de lexitimación do poder estabelecido; a de participación directa, a

través do persoal eclesiástico, no exercicio do poder político; a tribunicia (no

caso español, sobre todo a partir de 1965), en defensa dos grupos

marxinais; 193 a de socialización política, a través do Catecismo, das escolas

confesionais, dos movementos de laicos e da prensa relixiosa, que contribúen

a encarreirar as actitudes políticas dos mozos; e a de selección dos cadros

políticos e sindicais a través dos movementos elitistas (como, no caso da

ditadura franquista, a Acción Católica Española (ACE) 194 , a Asociación Católica

Nacional de Propagandistas [ACNP] ou o Opus Dei).

(b) A desideoloxización 195 : Os réximes autoritarios carecen de ideoloxía

–entendida, seguindo a Theodor Geiger, como objektiver Geist, é dicir, como

un sistema de pensamento máis ou menos intelectualmente elaborado e

organizado, a miúdo en forma escrita, por intelectuais ou pseudointelectuais ou

coa súa asistencia–, e teñen, pola contra, mentalidade, entendida, sempre

segundo Geiger, como subjektiver Geist, é dicir, como un modo de pensamento

e de sentimento máis emocional que racional, que fornece modos non

codificados de reaccionar ante as distintas situacións. Dado o seu carácter

vago e relativamente flexíbel, a mentalidade ten a virtualidade de operar como

un elemento inclusivo nun réxime de pluralismo limitado. A súa imprecisión

disimula as fendas da coalición e permite que os gobernantes conserven a

lealdade de elementos dispares.

Neste punto, Linz (1978a, 219-220) pregúntase se o nacionalcatolicismo

(que non nomea expresamente, senón que o engloba dentro das

“interpretaciones conservadoras de la doctrina social católica”) constitúe unha

126

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!