12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

SEGUNDA PARTE

Capítulo 3

128 Wallerstein e outros (1996, 39-40) entenden que a teoría da modernización é unha resposta

á pregunta que xurdiu despois de 1945 sobre se segue a estar xustificada a separación

intelectual entre o mundo occidental e o resto. Esta resposta contén dous elementos básicos:

(a) ambas áreas xa non se entenden como ontoloxicamente diferentes; e (b) todas a nacións,

os pobos e as áreas comparten un mesmo camiño común de modernización, aínda que se

atopan en diferentes lugares do camiño. “In terms of public policy, this was translated into a

worldwide concern with ‘development’, a term that was defined as the process by which a

country advanced along the universal path of modernization.” Para Martí i Puig (2001, 120)

estamos ante un aparato analítico de carácter holístico que conduce a formulacións

deterministas sobre o cambio político e a unha concepción normativa do réxime político

resultante do cambio. A este respecto, Vidal-Beneyto (2007d, 157) especifica que, de acordo

coa teoría da modernización, os réximes autoritarios (que estudaremos polo miúdo no capítulo

4) evolucionan naturalmente cara á democracia. Mansilla ([2003]) tamén repara en que as

teorías da modernización teñen unha orientación xeneralista ou universalista –na que os

fenómenos concretos son a miúdo simples casos específicos de aplicación das doutrinas

xerais–, toman os seus propios valores como absolutos e presupoñen a bondade intrínseca da

democracia e da modernización como metas normativas e obrigatorias da evolución histórica.

Segundo Schmitz e Sell (1999, 24 e 27), “the modernization paradigm did not disappear”, malia

que as súas debilidades fundamentais seguen presentes. A máis importante é a imposibilidade

de explicar os casos reais nos que a modernización non desemboca nunha democratización.

Wallerstein (1995 2 , 2), ademais, cuestiona o concepto de desenvolvemento, un fillo da ciencia

social decimonónica que se xeneralizou despois de 1945. A idea do desenvolvemento –unha

manifestación derivada do concepto de revolución industrial– é unha noción central que xera

falsas expectativas intelectuais e políticas e que lle debe a súa enorme influencia sobre a maior

parte da historiografía e das diferentes análises nomotéticas á súa corrección parcial, que a fai

parecer tan “persuasively self-evident”. Esta última expresión atópase, por certo, ao comezo da

Declaración de Independencia americana (“We hold these truths to be self-evident”), que

Röhrich (2006 2 , 75-78) entende como o documento que recolleu unha nova autoconcepción

americana que, partindo dunha pretensión de superioridade ideolóxica e moral, desembocaría

no imperialismo estadounidense. O autor sostén que na etioloxía deste imperialismo pode

detectarse a fusión entre a política expansionista (de base económica) e o espírito puritano de

cruzada (de base relixiosa, concretamente cristiá protestante). Os puritanos que emigraran aos

EUA estaban persuadidos de cumpriren unha misión relixiosa como pobo elixido nunha terra

prometida. Para eles, a fe democrática americana non abranguía unicamente a fe na

democracia, senón tamén no efecto democratizador da relixión americana. Estas ideas políticorelixiosas

acabaron desenvolvendo, até o día de hoxe, unha función ideolóxica de integración

nacional e de lexitimación da dominación imperial.

Para un percorrido polos diferentes modelos do cambio político –a teoría da modernización,

cos seus enfoques culturalista e desarrollista; a teoría da dependencia; os estudos sobre os

procesos de transición–, v. Martí i Puig, 2001. Saz Campos (2004, 155) está de acordo en que

as construcións funcionalistas derivan da teoría da modernización.

129 Martí i Puig, 2001, 103.

130 Almond, 1990, 241-242, 297-301 e 317.

131 Almond (1990, 40-50) propón unha representación da división da ciencia política articulada

ao redor das dimensións ideolóxica e metodolóxica:

Ideoloxía

Esquerda Dereita

Dura Esquerda dura Dereita dura

Metodoloxía

Branda Esquerda branda Dereita branda

No extremo brando figuran os estudos densamente descritivos, mentres no outro extremo se

atopan os estudos de carácter cuantitativo e econométrico, así como os que conteñen modelos

matemáticos, análises estatísticas, experimentos e mais simulacións computerizadas nos

traballos sobre a opinión pública. Na esquerda están os grupos da tradición marxista

771

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!