12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A ideoloxía e a mentalidade en Linz

No capítulo 4 atopámonos coa desideoloxización como un dos elementos

básicos da definición canónica dos réximes autoritarios, os cales, en cambio,

estarían dotados dunha vaga e flexíbel mentalidade. Vimos tamén como Linz,

enfrontado á pregunta sobre a natureza ideolóxica do nacionalcatolicismo, non

é quen de atopar unha resposta clara, aínda que se ve forzado a inclinarse pola

negación do seu carácter propiamente político. Nas seguintes páxinas imos

intentar apuntar o posíbel fundamento desta opción de Linz, e para tal efecto

imos deternos con máis calma no que constitúe un dos puntos menos

convincentes do modelo canónico.

Na procura dun concepto de ideoloxía

Como observa Giner (2001, 278), a cuestión da ideoloxía 312 ten preocupado

tanto os sociólogos “de esquerdas” como os máis conservadores. Xa tivemos

ocasión de ver –no capítulo 4, cando estudamos a tipoloxía canónica dos

sistemas políticos– como os autores conservadores –ou canónicos, incluído o

propio Linz– lle outorgan á ideoloxía “un rango inferior”, xa que entenden a

cultura “dun xeito ‘horizontal’, como un universo de valores compartidos” e

perciben a ideoloxía “como algo máis difuso e con menor peso na

estructuración das nosas relacións sociais”. Eagleton comparte parcialmente

esta postura cando recoñece que aos valores e ás crenzas dominantes lles

corresponde algún papel entre os grupos oprimidos da sociedade no tocante á

reprodución do sistema, aínda que se adoita esaxerar este factor nunha longa

tradición marxista occidental que lles atribúe ás ideas un status elevado de

máis. Porén, hai unha dimensión do concepto de ideoloxía que parece esencial

desde un punto de vista politolóxico: a da súa capacidade para discriminar

entre as loitas do poder que, dalgún xeito, son centrais en toda forma de vida

social, e aquelas que non o son. Dijk apunta nunha dirección similar cando

explica que as ideoloxías se desenvolven como unha consecuencia funcional

dos conflitos de interese que xorden dos obxectivos, das preferencias e dos

204

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!