12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

súa infraestrutura administrativa. Os elementos da primeira estrutura

organizativa resultante foron o sistema de dioceses e de parroquias, a estrutura

educacional (as escolas parroquiais, os colexios relixiosos, os seminarios

diocesanos, etc.) e mais a infraestrutura sanitaria. Como consecuencia desta

forma sutil e diluída de clientelismo, a igrexa católica acumulou unha enorme

cantidade de recursos políticos, o que se manifestou tanto nas máis altas

esferas –por exemplo, a través da presenza de membros da xerarquía

eclesiástica católica no Goberno– como na vida cotiá –por exemplo, a través do

control que os párrocos exercían sobre os mestres nas escolas–.

O segundo campo no que se manifestou dun xeito moi significativo a

relación clientelar entre as institucións franquistas e a igrexa católica é a

educación. Decidido a organizar e a programar polo miúdo un sistema

educativo que consideraba de vital importancia –como vigoroso medio de

ideoloxización social–, Franco atopouse coa rica infraestrutura educacional que

a igrexa católica puxo ao seu dispor a cambio da participación no poder. O

sistema educativo resultante desta forma clientelar de exercicio do poder era

moi puntilloso e estaba marcado por unha coloración ideolóxica

nacionalcatólica da historia, da ciencia e mais da relixión.

En terceiro lugar, a prensa constituíu outro ámbito básico de

ideoloxización da sociedade no que se estabeleceron relacións de poder

clientelar, que pasaron por diferentes fases: unha primeira fase de boas

relacións entre a igrexa católica e o réxime franquista, e posteriormente as

fases de críticas, de ataques e de ruptura. Neste caso, a natureza clientelista

da relación entre o Estado e a igrexa exemplificouse na política de concesión

ou de denegación de subvencións. En cuarto e derradeiro lugar debemos pór

de relevo a importancia dos informes parroquiais e da censura: O réxime

aproveitou a estrutura informativa eclesiástica local, directa, sobre as persoas e

as actividades, para esixir informes parroquiais en numerosas circunstancias.

Por outra banda, toda a actividade cultural someteuse a unha rigorosa censura

político-confesional exercida polos cregos diocesanos e por persoas

pertencentes a ordes e a congregacións católicas.

448

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!