12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

... e Linz

Linz é un científico social enormemente prolífico, cuxa obra, segundo Giner

(1977, 146), non ten parangón no campo da socioloxía política. De feito, e

como apunta Genieys (1994, 79), Linz pode ser considerado un dos pais

fundadores da socioloxía histórica interpretativa 178 , e a súa socioloxía pode ser

etiquetada, de acordo coa proposta de Giner (1977, 145), de “macrosociología

política en la tradición conservadora y funcionalista norteamericana”. 179

Linz chegou á Universidade de Columbia en plena Guerra Fría, cando

Huntington, como víamos supra, estaba a punto de empezar a traballar no

Proxecto Vulcano. Ese é o momento, segundo Jerez Mir (1993, 35), no que a

ciencia política nos Estados Unidos estaba a afirmarse como unha disciplina

autónoma baixo a influencia do behaviouralism, pero tamén é o momento no

que o Goberno estadounidense decidiu dotar dun aparato ideolóxico sólido a

súa política exterior. Con esta finalidade, os politólogos do establishment –entre

os que hai que contar a Huntington e tamén, obxectivamente, a Linz,

mesmamente como un dos máis brillantes–, aproveitando a oferta do campo

politolóxico do momento 180 , dedicáronlle os seus esforzos a construír uns

modelos que apontoasen a identidade colectiva estadounidense como nación

libre e defensora dos dereitos humanos, o que pon de manifesto que o exiguo

capital simbólico acumulado pola ciencia política non lles permite aos seus

produtores culturais ignorar as demandas ou as esixencias dos poderes

temporais 181 . Como puidemos observar no capítulo 1 con Bourdieu, o grao de

autonomía do campo politilóxico verbo da presión exterior é case nulo. 182

Estes son os principais puntos tratados neste capítulo:

• Tras a Segunda Guerra Mundial e durante a Guerra Fría ten lugar un

proceso de grandes cambios a escala internacional. Neste período, o

Goberno estadounidense procura manter a estabilidade xeopolítica,

asegurar a gobernabilidade, canalizar as dinámicas sociais e evitar os

cambios violentos e revolucionarios que poidan desembocar en réximes

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!