12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

estratexias analíticas que desembocan nunha visión determinista, insuficiente e

ahistórica da realidade. 166

A selección dos autores significativos ou representativos do canon

politolóxico sobre a transición política española ten o mesmo carácter

problemático que presenta o fenómeno antolóxico en xeral. 167 Aquí non temos

o propósito, porén, de elaborarmos unha antoloxía de textos que ilustren a

conformación dun canon. O que pretendemos facer nos capítulos 4 a 8, moito

máis modestamente, é a esquematización do que consideramos as liñas

mestras da narración canónica do proceso democratizador español, 168 partindo

da idea de Mannheim (1997 4 , 72) de que non hai momento ningún na historia

do pensamento e no decurso dos cambios sociais e intelectuais no que os

puntos de vista non manteñan unha íntima acción recíproca coas formas da

experiencia. Para realizar esta tarefa imos estudar, entre outros, os modelos de

Huntington e de Linz, certamente dous dos máis prestixiosos politólogos de

todos os tempos. Non queremos que este exercicio que pretendemos realizar

sexa simplemente exexético, aínda que somos conscientes de que podemos

vernos expostos a posíbeis críticas na liña do apuntado supra por Almond

sobre a utilización da academia con fins de propaganda ideolóxica. Polo tanto,

imos ter moi en conta unha reflexión de Laudan (1977, 222-223) verbo da

análise histórica dos repertorios científicos (ou, na terminoloxía deste autor, das

tradicións de investigación). Sucede con demasiada frecuencia, en efecto, que

o historiador das ideas –dos sistemas conceptuais– realiza un labor importante

pero insuficiente –ou mesmo terxiversador– cando procura descubrir cales son

as liñas de razoamento que levan os nosos devanceiros a adoptaren as súas

crenzas e, para lograr este obxectivo, se limita a expor as interconexións

sistemáticas entre as crenzas dun pensador (ou dun grupo de pensadores)

respecto dunha serie de cuestións moi relacionadas. O certo é que os modelos

son tamén –alén de conexións lóxicas entre proposicións– intentos de resolver

problemas importantes, de maneira que haberá que se preguntar sempre cales

son exactamente os problemas que constitúen a orixe e a motivación daqueles

modelos.

Con outras palabras, sabemos que as ideas están interrelacionadas e

interconectadas. O que pretendemos facer nos cinco seguintes capítulos non é

113

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!