12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

fronte á Ilustración, 646 (b) a reacción católica fronte á Revolución Francesa e (c)

a revolta contra a invasión napoleónica de 1808. O tradicionalismo –a resistencia

fronte á modernización liberal-burguesa– baséase sobre unha filosofía que

concibe a historia como unha loita entre o ben –o catolicismo– e o mal –o

socialismo–. O pobo español foi elixido pola providencia para gorecer o

catolicismo dos ventos revolucionarios que sopran por Europa. Polo tanto, o

nacionalcatolicismo ten unha orixe preburguesa e precapitalista. No período que

vai desde a Restauración até 1917, o nacionalcatolicismo perfilouse como a

ideoloxía político-relixiosa da oligarquía no poder. A súa vinculación á

industrialización e ao nacionalismo económico e político fixo del un fenómeno

moderno. Tras a crise de 1917, os nacionalismos europeos atoparon o seu

equivalente español no nacionalcatolicismo, que definía o ámbito ideolóxico no

que convivían o catolicismo e a modernidade capitalista e que se opuxo á II

República na medida en que era democrático-burguesa e representaba unha

ameaza para a oligarquía tradicional. Franco deulle continuidade ao proxecto

nacionalcatólico converténdoo na ideoloxía do franquismo.

A partir da década dos oitenta do século XIX –coincidindo co

debilitamento da corrente tradicionalista–, a igrexa católica empezou a defender

os seus intereses no Estado a través do partido liberal conservador de Cánovas

del Castillo, momento no que se produciu a xunción entre un sector católico

importante e o Estado liberal. Neste contexto tivo lugar a célebre polémica entre

Gumersindo de Azcárate, para quen a decadencia española nos planos cultural,

filosófico e científico era consecuencia do cerramento relixioso imposto pola

Inquisición, e Marcelino Menéndez Pelayo, que sostiña que a cultura española a

partir do século XVI desenvolveu unha función histórica moderna cando

cristianizou o Renacemento europeo en defensa contra a Reforma. Segundo

Menéndez Pelayo, España débelle a súa unidade ao cristianismo, porque na

esencia da nación española está a ortodoxia católica. É un pensamento tan

nacionalista e católico como rexeneracionista e defensor dunha industrialización

que debe realizarse baixo o manto proteccionista defensor dos intereses

oligárquicos. En realidade, así foi: o desenvolvemento económico español a

finais do século XIX e a comezos do século XX tivo lugar cunhas altas barreiras

397

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!