12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

• Polo tanto, a liberalización non forma parte do proceso de transición política,

porque nin pretende cambiar a natureza do réxime autoritario mediante a

celebración de eleccións nin ten por que desembocar nunha

democratización.

• O autoritarismo liberalizador non é estábel porque abre espazos de

oposición interna que requiren un aumento da represión. De feito, é o seu

fracaso o que abre as portas da democratización.

• O modelo transitolóxico canónico introduce unha variación nos modelos

iniciais do repertorio funcional-pluralista, na medida en que a transición se

analiza como un proceso esencialmente político que non está determinado

pola estrutura socioeconómica. Esta estrutura, con todo, condiciona a

acción dos líderes e pode favorecer un proceso de transición nun contexto

de prosperidade económica.

• A transición política comeza cun suceso dramático que crea a expectativa

de que o goberno será substituído por outro elixido democraticamente.

• A etioloxía da reforma está nunha combinación de factores da que forman

parte o desenvolvemento económico, a complexidade social e mais os

conflitos e os cálculos das elites reformistas gobernamentais, que adquiren

a conciencia de que o réxime político necesita unha lexitimación electoral.

• O proceso de transformación política depende do dominio que exercen os

reformistas liberalizadores no campo político do goberno e os reformistas

democráticos no campo político da oposición. A democratización debe estar

controlada polas elites no poder, que, sendo máis fortes que a oposición,

fixan as regras do xogo, anulan o involucionismo ultraconservador mediante

a creación de divisións internas e ofrecen como única alternativa o retorno

ao réxime autoritario. Á sociedade civil correspóndelle un papel secundario.

• Tras unhas negociacións secretas entre un reducido número de dirixentes,

as elites políticas e sociais reformistas e opositoras moderadas acaban

pactando explicitamente a instauración da democracia e mais preservación

de determinadas institucións políticas e económicas. A transición política

desemboca nun marco constitucional democrático que non afecta as

relacións económicas.

• No modelo minimalista, a consolidación da democracia prodúcese cando,

168

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!