12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A dominación de clase: a coalición reaccionaria

Xa vimos como o noso modelo de interpretación do franquismo incorpora o

elemento da dominación de clase, algo que non sucede no modelo canónico.

En efecto, Giner e Sevilla-Guzmán (1975, 89-90, e 1980, 202-204 e 207-209)

entenden que a dominación de clase é un elemento esencial dos réximes

despótico-absolutistas que se dá en determinadas sociedades nas que o modo

capitalista de produción ocupa una posición central na economía. A dominación

de clase realízase basicamente a través do poder económico dos grupos

hexemónicos nos sectores industrial, financeiro e terratenente, que controlan o

aparato estatal por medio dunha coalición reaccionaria formada polos

segmentos sociais altos e mais as clases de servizo, co apoio do estamento

militar. En realidade, os propios réximes despótico-absolutistas actúan como

axentes estruturantes da sociedade, na medida en que xeran e manteñen

pautas de desigualdade, aínda que sempre afirman representaren os intereses

xerais. De feito, non dubidan en neutralizar as clases traballadoras e mais

grupos tales como a intelectualidade disidente ou o estudantado. Con todo, os

réximes despóticos modernos non son nin un simple reflexo do modo de

produción capitalista nin tampouco un simple instrumento das clases dirixentes,

xa que as institucións e as corporacións do réxime condicionan o exercicio da

dominación.

É evidente que neste achegamento á dominación de clase nos réximes

despóticos, os nosos autores incorporan elementos de análise tanto

funcionalistas como marxistas, aínda que se afastan por igual de ambos

repertorios. De acordo con este modelo, o franquismo foi unha ditadura persoal

extrema apoiada desde o principio por elementos moi conservadores e

reaccionarios das clases dirixentes, e o Goberno franquista pode describirse

como un ben harmonizado compromiso entre faccións. Nin os militares, nin os

arribistas e demagogos falanxistas de clase media, nin os monárquicos de

dereitas, nin os carlistas tradicionalistas, nin tampouco os membros da ACNP

ou do Opus Dei foron quen de dominar o Goberno por completo. Pero entre

todos formaban a coalición reaccionaria que controlaba o Estado, unha clase

política complexa que representaba fielmente as oligarquías industrial,

386

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!